DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2006 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No BOP de Ourense nº 214, do 16 de setembro de 2006, publícanse integramente as bases para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2006 que se indican no anexo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

San Cibrado das Viñas, 19 de setembro de 2006.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa

ANEXO

A) Cadro de persoal funcionario:

1. Unha (1) praza de alguacil-porteiro, grupo E, escala de administración xeral, subescala subalterna. Concurso-oposición por promoción interna horizontal cruzada. Título: certificado de escolaridade.

2. Unha (1) praza de auxiliar de administración xeral, grupo D, escala de administración xeral, subescala auxiliar. Concurso-oposición por promoción interna horizontal cruzada. Título: graduado escolar ou formación profesional de 1º grao ou equivalente.

B) Cadro laboral:

1. Unha (1) praza de técnico/a de promoción económica e administrativa, asimilada ao grupo B. Concurso-oposición libre. Nivel de titulación media.

2. Unha (1) praza de adxunto/a a Intervención e Xestión Informática, asimilada ao grupo C. Concurso-oposición libre. Bacharelato superior ou equivalente.

3. Dúas (2) prazas de peón do servizo de xardinaría, asimilada ao grupo E. Concurso-oposición. Certificado de escolaridade.