DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, sesión do 16 de agosto de 2006, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación da subministración dun furgón mixto con destino á Policía local mediante operación de leasing; por medio deste anuncio dáse a coñecer a licitación, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: é a subministración, mediante unha operación de leasing, dun furgón mixto con destino ao servizo da Policía local.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

O prezo do contrato é de 35.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: exentos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servizo de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Enderezo: rolda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 27, 982 29 72 56.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último coincidise en sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: rolda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: rolda da Muralla, 197.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: a apertura das plicas realizaraa, en acto público, a mesa de contratación o segundo día posterior ao remate (agás sábado ou festivo) do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 828 euros que serán por conta do/s contratista/s adxudicatario/s.

Lugo, 13 de setembro de 2006.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Concelleiro delegado da área