DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de aprobación inicial e información pública do proxecto de expropiación forzosa de parte das parcelas sitas nos números 6, 6D, 7, 8 e 14 do lugar de Curramontes para a regularización do sistema local viario.

A Xunta de Goberno Local, con data do 21 de xullo de 2006, adoptou o seguinte acordo que a continuación se transcribe:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a adquisición de parte das parcelas sitas nos números 6, 6D, 7, 8 e 14 do lugar de Curramontes co obxecto de realizar a actuación consistente no alargamento da rúa lugar de Curramontes, co fin de facilitar o acceso ao Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

Segundo.-Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro.-Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles».

De conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese á información pública polo prazo dun mes para que aqueles que resulten interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (rúa do Parque-antigo cuartel de intendencia), de luns a venres.

Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos que se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

A Coruña, 9 de agosto de 2006.

Alfredo Cerezales Fernández

Director de Urbanismo e Rehabilitación

Parc.Ref. cat.AfecciónSuperf. Nome

19495725Parcial49.45PC José Antonio Francos Hermida

29495724Parcial162.18PC Descoñecido

39495723Parcial151.15PC César Bonome Ramos e María Balsa Filgueiras

49495714Parcial84.9PC Francisco Fernández Vanderdonk

59593401Parcial16.75PC José Barbeito Feito