DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de aprobación inicial e información pública do expediente de expropiación forzosa do inmoble número 30 Camiño da Igrexa.

A Xunta de Goberno Local, con data do 21 de xullo de 2006, adoptou o seguinte acordo que a continuación se transcribe:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a adquisición para a súa urbanización posterior da parcela situada no número 30 da rúa Camiño da Igrexa, esquina Rafael Dieste, co fin de executar a regularización do sistema viario local correspondente á rúa Rafael Dieste.

Segundo.-Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro.-Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles».

De conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese á información pública polo prazo dun mes para que aqueles que resulten interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (rúa do Parque-antigo cuartel de intendencia), de luns a venres.

Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos que se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

A Coruña, 4 de agosto de 2006.

Alfredo Cerezales Fernández

Director de Urbanismo e Rehabilitación

parcela

Ref. carast.PropietarioDomicilio

18699709Generoso Bouza FernándezAvda. Mallos, 1

108699709María Vázquez Quindimil e Leopoldo Pérez PérezCamiño da Igrexa, 30 baixo

118699709José Rodríguez Cartelle e Francisca Coloma MartínezCamiño da Igrexa, 30-1º

128699709Pilar Agra Rodríguez e Soledad Vila MuíñoCamiño da Igrexa, 30-2º