DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2006, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncian concursos públicos para os arrendamentos, con opción de compra, dun sistema de anestesia (C.P. 43/2006) e dun ecógrafo (C.P. 45/2006).

A Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 5 da Orde do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar os seguintes concursos públicos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Número de expedientes: C.P. 43 e 45/2006.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

-C.P. 43/2006: arrendamento con opción de compra dun sistema de anestesia.

-C.P. 45/2006: arrendamento con opción de compra dun ecógrafo.

b) División por lotes e número:

-C.P. 43/2006: lote único.

-C.P. 45/2006: lote único.

c) Número de unidades para entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de entrega:

-C.P. 43/2006: Área Sanitaria de Ferrol. Hospital Arquitecto Marcide (Quirófano). Estr. de San Pedro s/n, 15405 Ferrol.

-C.P. 45/2006: Área Sanitaria de Ferrol. Hospital Arquitecto Marcide (Radioloxía). Estr. de San Pedro s/n, 15405 Ferrol.

e) Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

-C.P. 43/2006: 61.421,28 A.

-C.P. 45/2006: 89.965,44 A.

5. Garantía provisional: 2% do importe máximo de licitación.

-C.P. 43/2006: 1.228,43 A.

-C.P. 45/2006: 1.799,31 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Área Sanitaria de Ferrol. Servizo de Subministracións.

b) Enderezo: estr. de San Pedro s/n, 15405 Ferrol.

c) Teléfono: 981 33 45 14; fax: 981 33 45 51.

d) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Área Sanitaria de Ferrol. Rexistro Xeral. Estr. de San Pedro s/n, 15405 Ferrol.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas: realizarase en acto público.

a) Entidade: sala de xuntas da Área Sanitaria de Ferrol.

b) Enderezo: estr. de San Pedro s/n, 15405 Ferrol.

c) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

d) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Ferrol, 19 de setembro de 2006.

Lourdes Buxaderas Juega

Directora da Área Sanitaria de Ferrol