DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2006, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a subministración de aparellos e dispositivos mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente C.P. 4/2006).

A directora xerente da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 5.2º da Orde do 8 de maio de 2006, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 99, do 25 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: C.P. 4/2006.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de aparellos e dispositivos.

b) División por lotes e número: ver pregos.

c) Lugar de entrega: almacén de subministracións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 63.000 A, IVE incluído.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

b) Enderezo: praza de Ferrol, nº 11-4º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 29 63 29.

e) Fax: 982 29 62 28.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: ver pregos.

8. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse no Servizo de Contratación da Xerencia de Atención Primaria, praza de Ferrol, nº 11-4ª planta, 27001 Lugo, en días laborais desde as 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 982 29 63 29, fax: 982 29 62 28, ou a través da páxina web do Sergas: http://sergas.es durante o prazo de admisión das proposicións.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

Realizarase en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presentar os licitadores.

A documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios desde concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 4 de setembro de 2006.

Josefa Díaz Otero

Directora xerente de Atención Primaria de Lugo