DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2006 pola que se comunica o inicio de expediente de incumprimento total a Pili e Jose, S.C., titular do expediente AF019.2003.1.291, relativo a axuda ao abeiro do convenio de apoio e incentivo á modernización de establecementos de hostalaría en zonas da Costa da Morte afectadas polo Prestige.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), mediante esta resolución ponse en coñecemento de Pili e Jose, S.C., titular do expediente AF019.2003.1.291, relativo a axuda ao abeiro do convenio de apoio e incentivo á modernización de establecementos de hostalaría en zonas da Costa da Morte afectadas polo Prestige (Resolución do 25 de marzo de 2003, DOG nº 63, do 31 de marzo), que o 28 de xuño de 2006 o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o alcance deste, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselle un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non pro

cedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2006.

José Antonio Delgado Arce

Director xeral do Instituto Galego de

Promoción Económica