DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de setembro de 2006 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na prestación de apoio técnico dun gabinete xurídico con motivo da situación creada polas empresas Forum Filatélico, Afinsa e Academias de Ensino non Reguladas.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no DOG nº 182, do mércores 20, de setembro de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

-A resolución publicouse erroneamente baixo a epígrafe da Consellería de Innovación e Industria, debéndose publicar na epígrafe do Instituto Galego de Consumo.

-Na sinatura onde di:

«P.D. (Orde 27-9-2005, DOG nº 189)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria»

Debe dicir:

«Emilio Nogueira Moure

Presidente do Instituto Galego de Consumo»