DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2006 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, para a contratación da subministración de servidores con destino aos servizos centrais de Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: EC00106SM.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de servidores con destino aos servizos centrais de Augas de Galicia.

b) Lugar de entrega: servizos centrais de Augas de Galicia.

c) Prazo de execución (días): trinta (30).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento dezaseis mil novecentos cinco euros (116.905 A).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, nº 7-9.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 95 75 99/981 54 16 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, epígrafe a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 18, epígrafes a), d) e e), da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ao concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 27 de outubro de 2006.

e) Hora: 11.00 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Apertura do sobre A: terá lugar a apertura do sobre A (documentación persoal) o día 23 de outubro de 2006, ás 11.00 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2006.

P.D. (Resolución 9-4-2003; DOG nº 75,

del 16 de abril)

José Luis Romero Valeiras

Director xeral de Augas de Galicia