DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 28 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo da procedencia de reintegro das axudas para a promoción do emprego autónomo reguladas na Orde do 16 de maio de 2003.

Con data do 27 de abril de 2006, o delegado provincial da Consellería de Traballo de Lugo ditou a resolución pola que se acorda a procedencia de reintegro da axuda concedida a Ibán Pérez Díaz, con número de expediente 341D 2003/235.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación ante esta delegación provincial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sitas na rolda da Muralla, nº 70-baixo, en Lugo, e a obter, de ser o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 28 de agosto de 2006.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 341D 2003/235.

Nome ou razón social: Ibán Pérez Díaz.

DNI/NIF: 34269593-F.

Último enderezo coñecido: rúa Ourense, 266-2º, Monforte de Lemos (Lugo).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 11 b) da Orde do 16 de maio de 2003, pola que se establecen os programas para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.