DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto de cada contrato.

1º Descrición do obxecto: subministración e entrega de vehículos tipo pick-up 4x4 para a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no exercicio 2006. (Expte. 145).

Prazo de execución: un mes.

Orzamento base de licitación: douscentos trinta e oito mil seiscentos oitenta (238.680) euros.

Garantía provisional: non se exixe.

2º Descrición do obxecto: subministración e entrega dun mínimo de catorce (14) vehículos todo terreo 4x4 para a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no exercicio 2006. (Expte. 139).

Prazo de execución: un mes.

Orzamento base de licitación: douscentos corenta e catro mil setecentos vinte (244.720) euros.

Garantía provisional: non se exixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación de todas as obras.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Documentación e información.

4.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán estas contratacións, estarán á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, na Vicesecretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sita na rúa San Lázaro, s/n (teléfono 981 54 17 43).

Tamén se poderán obter os pregos relativos a estas contratacións, a través da internet nos seguintes enderezos:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7174

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7175

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.cma*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-Na epígrafe ASUNTO: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

4.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

5.1. Data límite da presentación: as proposicións presentaranse, en días e horas hábiles, no prazo máximo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; de coincidir o último día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte.

5.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

5.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación, a remisión da mencionada oferta

mediante telegrama ou fax (981 54 17 50) no mesmo día.

e) No suposto de que se participe en máis dun concurso destas dúas subministracións, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais en que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, a referencia do concurso en que se presenta a documentación xeral.

6. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do décimo cuarto día natural a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

7. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2006.

Jorge Antonio Santiso Blanco

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

e Desenvolvemento Sostible