DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 27 de abril de 2006 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Veri V.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Veri V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 13-3-2006, Marcelina Castro González, en representación da comunidade de herdeiros de Joaquín Alcalde Neira, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Veri V.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de

viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Marcelina Castro González (76467575G), José Luis Alcalde Castro (76497097V) e Mª Carmen Alcalde Castro (76509621Y), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Veri V.

Localización:

Cuadrícula nº: 135.

Polígono: A.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3-6-1964.

Remate da vixencia: 3-6-2014.

Actuais titulares: Joaquín Alcalde Neira e Marcelina Castro González (76467575G).

Novos titulares: Marcelina Castro González (76467575G), José Luis Alcalde Castro (76497097V) e Mª Carmen Alcalde Castro (76509621Y).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común y o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 27 de abril de 2006.

P.D. (Orde 27-12-2005, DOG nº 4, do 5 de xaneiro)

Mª Ángeles A. Montero López

Delegada territorial de Pontevedra