DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2006 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, do contrato de obras de acondicionamento de local para musealización de salina romana na rúa Rosalía de Castro en Vigo (Pontevedra), cofinanciado con fondos comunitarios.

A Consellería de Cultura e Deporte, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento de local para musealización de salina romana na rúa Rosalía de Castro en Vigo (Pontevedra).

c) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos nove mil catrocentos vinte e tres euros con noventa e oito céntimos (409.423,98 A) IVE incluído, cofinanciado con fondos comunitarios, 65% fondos Feder, 35% fondos FCI.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto de obras poderán ser examinados no Servizo de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Deporte durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9.00 ás 14.00 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N= 7183.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a exixida na cláusula 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Deporte, en sobres pechados en horario das 9.00 ás 14.00 horas, agás no caso de presentar a proposición en sábado que se deberá dirixir ao Rexistro que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten nos servizos centrais. Se as

proposicións se cursan por correo deberán aterse ao previsto na cláusula 2.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura e Deporte (sala de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela

b) Data e hora: a partir das 11 horas do oitavo día natural seguinte ao do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2006.

P.D. (Orde 27-9-2005)

Carlos Amoedo Souto

Secretario xeral da Consellería de

Cultura e Deporte