DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada interposto por Andrés Botana Noya, contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Santa María de Leira (Ordes-A Coruña) devolta polo servizo de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servizo de correos, notifí

caselle ao interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Andrés Botana Noya, contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Santa María de Leira (Ordes-A Coruña).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

Xosé Carballido Presas

Director xeral de Estruturas e Infraestruturas

Agrarias

ANEXO

Destinatario: Gumersindo Mosquera Botana.

Enderezo: lugar Mesón do Vento-Ardemil, 15685 Ordes (A Coruña).

Texto:

«Estimar en parte, o recurso de alzada presentado por Andrés Botana Noya, propietario nº 948, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sta. María de Leira (Ordes-A Coruña), no senso de:

Modificar a configuración dos seguintes predios:

O predio nº 863 atribuído a Andrés Botana Noya, propietario nº 948 queda cunha superficie de 3.662 m e un valor de 2.164,05 puntos e o predio nº 864 atribuído a Gumersindo Mosquera Botana e outro, propietario nº 969, queda cunha superficie de 3.955 m e un valor de 2.460,15 puntos.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de contratación parcelaria para Galicia, 115.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden pertinente.

Notifíqueselles aos interesados consonte o disposto na lexislación vixente, achegando copia parcial dos planos e fichas atribucións modificadas».