DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización e a aprobación do proxecto de execución de distribución de gas propano canalizado no núcleo urbano de Viana do Bolo (Ourense) promovido pola empresa Galp Energía, S.A.U.

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11 do Regulamento xeral de servizo público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese á información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Galp Energía, S.A.U. con enderezo para efectos de notificación en r/ Anabel Segura, 16, eEdificio Vega Norte 1 (Arroyo de la Vega) 28108 Alcobendas (Madrid).

Obxecto da petición: autorización administrativa para a construción e explotación das instalacións de gas propano canalizado para a subministración ao núcleo urbano de Viana do Bolo, provincia de Ourense, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións:

* Centro de almacenamento:

Dous depósitos aéreos de 33,6 m de capacidade por depósito.

Capacidade total de almacenaxe: 67,2 m.

Equipamento de transvasamento: non se contempla.

Equipamento de vaporación: non se contempla.

Equipamento de regulación: 750 kg/h.

Presión de entrada: 20 bar.

Presión de saída: 1,75 bar.

* Rede de distribución (soterrada):

Lonxitude: 5.031 m.

Diámetros: 110, 90, 63, 40 e 32 mm.

Material: Polietileno SDR-11, segundo UNE 53.333.

Presión máxima de servizo efectiva: 1,75 bar.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o núcleo urbano de Viana do Bolo, provincia de Ourense.

Orzamento: trescentos oitenta e seis mil novecentos noventa e cinco euros con setenta e cinco céntimos (386.995,75 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais o xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, que poderán examinar o proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así coma na Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria, Curros Enríquez, 1, 4º, de Ourense.

Anxo R. Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas