DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/483-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: R. Maior 18, 36520 Agolada.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T.

Situación: concello de Agolada.

Características técnicas: L.M.T. Axiaz-Buxán de 20 kV con condutor LA-56 con 576 m de lonxitude, con orixe L.M.T. existente e fin no C.T. proxectado. C.T. de 50 kVA sobre apoio metálico. Tramos R.B.T. de 300 m en Axiaz, R.B.T. de 700 m en Buxán e R.B.T. de 940 m en Lamas. Situado no concello de Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, rúa Eduardo Pondal 64, 36071 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de agosto de 2006.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra