DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/479-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. e C de secc. avda. de Madrid, 195 para subministración fotovoltaico.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T.S. de 15 kV con condutor R.H.V. 12/20 kV de 210 m de lonxitude, con orixe C.D. Ferwagen alimentando en bucle o C. secc. proxectado e fin da L.M.T. da avda. Madrid no nº 195. CD prefabricado conexión subtrerránea con cable 12/20 kV situado na vía do depósito de vehículos na avda. de Madrid 195. Situados no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, rúa Eduardo Pondal 64, 36071 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de agosto de 2006.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra