DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/151).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Suviña.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,483 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio nº 5 da L.M.T. SAD-704 Carnoedo-Mera derivada ao C.T. Dexo, condutor tipo R.H.Z.1, e final no C.T. Suviña (proxectado).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea do C.T. Suviña, cunha lonxitude de 1,293 km, coa orixe en apoio novo a través de pasos aéreos-subterráneos, condutor tipo R.Z.

Rede de baixa tensión subterránea do C.T. Suviña, cunha lonxitude de 0,349 km, coa orixe no C.T. Suviña (proxectado), condutor tipo R.V. Concello de Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de agosto de 2006.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña