DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 4 de agosto de 2006, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/292).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a C.D. Bandaseca.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, con condutor R.H.Z.1 12/20 kV 3 (1x240 Al), cunha lonxitude de 0,169 km, con orixe na L.M.T.S. C.T. Xunqueira (expediente 27459) a C.T. Gasset e final no centro de distribución (C.D.) que vai instalar o solicitante da subministración. Concello da Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de agosto de 2006.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña