Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. a C.D. Vidrieras Compostela.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3 (1x240 Al), cunha lonxitude de 2x0,057 km, con orixe na L.M.T.S. C.T. Tromosal a C.T. Mercagalicia (expediente 30623) e final no centro de distribución (C.D.) para instalar polo solicitante de subministración. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 4 de agosto de 2006.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña