DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2006 pola que se anuncia contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración de 5 moduladores de televisión dixital terrestre (TDT), cofinanciado con fondos Feder.

A Secretaría Xeral de Comunicación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Comunicación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 5 moduladores de televisión dixital terrestre (TDT), cofinanciada con fondos Feder.

c) Prazo de execución: oito semanas desde a adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Noventa mil euros (90.000 A), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación de proposicións: deberán presentarse:

-En man no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo San Caetano, planta baixa, en Santiago de Compostela).

-Por correo na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro. Cando a documentación se envíe por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (981 54 12 77) ou telegrama dentro do mesmo día da imposición por correos.

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida na cláusula 6 do prego de claúsulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica:

Solvencia económica: deberá xustificarse, en relación co artigo 16 a) do TRLCAP (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), a través de:

-Informe de institucións financeiras, que deberá facer referencia expresa á capacidade económica e financeira da empresa licitadora para o desenvolvemento e execución deste contrato de subministración.

Solvencia técnica: deberá xustificarse, en relación co artigo 18 a) do TRLCAP, polos seguintes medios:

A relación das principais subministracións de características análogas ás desta contratación realizadas nos últimos tres anos pola empresa, que inclúa importe, data e beneficiarios públicos ou privados deles.

8. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, sita no edificio administrativo de San Caetano, bloque 3-2º, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 58 74.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7179

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas situada no edificio administrativo San Caetano, bloque III, planta 2ª.

b) Data e hora: a partir das 12.00 horas do oitavo día natural seguinte ao do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato. O importe derivado dos gastos de publicidade non superará a cantidade de 2.000 A.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2006.

Fernando Salgado García

Secretario xeral de Comunicación