DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.646

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2006-2007 en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Por Resolución do 26 de maio de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ditáronse normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2006-2007, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resoltas as reclamacións producidas contra a resolución provisional de determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino provisional para o curso académico 2006-2007 aos profesores que figuran no anexo desta resolución nos centros e especialidades que nel se especifican.

Segundo.-Facer públicas as comisións de servizo e os desprazamentos por falta de horario nas especialidades relativas a materias de formación profesional específica e outras.

Terceiro.-A toma de posesión será con efectividade do 29 de setembro de 2006.

Cuarto.-Sen prexuízo do previsto no punto anterior, no caso dos profesores interinos que teñen nomeamento ata o 30 de setembro de 2006, a toma de posesión terá efectos económicos desde o 1 de outubro de 2006 e no dos que teñen nomeamento ata o 18 de setembro de 2006, a toma de posesión será con efectividade do 19 de setembro de 2006.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2006.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria