DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.643

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2006, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co establecido na disposición transitoria do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, resultantes da adaptación a este de determinadas listas elaboradas no seu día ao abeiro do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Efectuada a adaptación prevista na disposición transitoria do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 48, do 9 de marzo), de determinadas listas elaboradas no seu día ao abeiro do Decreto 217/2003, do 11 de abril, unha vez que a comisión permanente central acordou na súa xuntanza do día 11 de setembro deste ano elevar a este centro directivo as listaxes correspondentes e de conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo I a esta resolución, coa indicación das puntuacións provisionais resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

Segundo.-As listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información Administrativa e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén pode descargarse da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

As listas están expostas na forma que se indica a continuación:

-Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión e a súa puntuación provisional.

Terceiro.-Os/as interesados/as disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as oportunas alegacións que

irán dirixidas á Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Ás ditas alegacións xuntaráselles, de ser o caso:

-Documentación que emende a causa de exclusión.

-Diploma ou certificado que acredite, segundo proceda, o grao de iniciación ou perfeccionamento de galego no suposto de figurar na columna de observacións sen acreditar este.

-Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia para o mesmo grupo e categoría, segundo o modelo que figura como anexo II a esta resolución, que deberá ser expedida polas unidades seguintes:

* Servizos centrais: secretaria/o xeral, subdirectora/r xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

* Servizos periféricos: secretarias/os ou, de ser o caso, funcionaria/o responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ao establecido anteriormente.

Unha vez transcorrido o prazo citado, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselle a oportuna publicidade, mediante a publicación da resolución coas puntuacións definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Para os efectos de realizar, se é o caso, os chamamentos vía telefónica tomarase, salvo manifestación por escrito en contrario das/dos interesados, como teléfono de contacto o que as/os integrantes das listas fixeron constar na instancia inicial. De figurar varios, utilizarase exclusivamente o correspondente ao teléfono móbil e, caso de non existir, o primeiro que figure na instancia correspondente a un teléfono fixo.

No suposto de que as/os interesadas/os figuren na listaxe coa observación «sen teléfono de contacto» deberán achegar o dito dato no prazo de reclamacións utilizando para iso o modelo que figura como anexo III a esta resolución.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públi-

cas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2006.

José Rodríguez González

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo V.

Categoría : 001.

Denominación: camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

Categoría: 011.

Denominación: limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES