DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 28 de setembro de 2006 Páx. 14.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 14 de setembro de 2006 pola que se modifica o punto oitavo da Orde do 16 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 29 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións dos programas sectoriais de Recursos Naturais, Tecnoloxías para a Innovación e Servizos ao Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

Por Orde do 16 de maio de 2006 aprobáranse as bases que rexen as convocatorias de axudas correspondentes ás accións dos programas sectoriais de Recursos Naturais, Tecnoloxías para a Innovación e Servizos ao Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2006.

No punto oitavo da devandita orde establécese que para proceder ao libramento dos fondos e percibir as axudas correspondentes será preciso presentar na data límite do 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a documentación requirida.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar o proceso de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido punto oitavo, polo que

DISPOÑO:

A modificación do punto oitavo da Orde do 16 de maio de 2006 pola que se aproban as bases que rexen as convocatorias de axudas correspondentes ás accións dos programas sectoriais de Recursos Naturais, Tecnoloxías para a Innovación e Servizos ao Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2006, no referente ao prazo de presentación dos xustificantes correspondentes aos gastos realizados no ano 2006, do seguinte xeito:

O prazo, para cada programa sectorial, será regulado na publicación da resolución da súa adxudicación que, en todo caso, non poderá ser posterior ao 30 de novembro de 2006.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2006.

Fernando Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria