DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 27 de setembro de 2006 Páx. 14.571

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 163/2006, do 14 de setembro, polo que se nomea un vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, como

dispón o artigo 10 do Regulamento do ente, aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo.

No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración do ente público, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante dun dos vogais representantes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no Consello de Administración do ente público, por pase a outro destino, e vista a proposta emitida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear o seguinte vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia:

-En representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Santiago A. Roura Gómez.

Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes