DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 27 de setembro de 2006 Páx. 14.571

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 162/2006, do 14 de setembro, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, como dispón o artigo 10 do regulamento do ente, aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo.

No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración do ente público, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante dun dos vogais representantes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no Consello de Administración do ente público, por pase a outro destino, e vista a proposta emitida pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de setembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados:

-En representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Francisco Carballal Lugrís.

Santiago de Compostela, catorce de setembro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES