DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 26 de setembro de 2006 Páx. 14.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2006 pola que se convoca un curso básico de primeiros auxilios e urxencias vitais.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso básico de primeiros auxilios e urxencias vitais, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Coñecer o significado da técnica asistencial, evidenciar dominio na práctica das técnicas de rescate e auxilio e coñecer a importancia de traumatismos, queimaduras, conxelacións, tratamento en caso de

infarto, etc., e a súa gravidade, así como clarificar a actuación da policía neste tema.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos das policías locais de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de outubro ás 13.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase en datas do 23 ao 26 de outubro.

O horario será das 15.30 ás 20.30 horas.

Contido.

-Traumatismos craneoencefálicos e da columna.

-Traumatismos toraco-abdominais.

-Fracturas, escordaduras e contusións.

-Conxelación.

-Primeiros auxilios. Hemorraxias. Hemostasia. Feridas.

-O infarto. A anxina de peito, etc.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 19 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 42/43/44 (Cexesga) e na páxina web http://cexesga.xunta.es.

Lugar.

Sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de setembrro de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais e

Seguridade Pública de Galicia