DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 26 de setembro de 2006 Páx. 14.513

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de setembro de 2006 pola que se convocan subvencións aos concellos para realización de estudos técnicos e para dotación de equipamentos para o establecemento de infraestruturas de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única, no marco do servizo de televisión dixital terrestre.

Advertidos erros na mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 181, do martes 19 de setembro de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14.164, na imaxe corporativa da Xunta de Galicia, onde di: «Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza-Secretaría Xeral de Comunicación», debe dicir: «Presidencia-Secretaría Xeral de Comunicación».

Na páxina 14.165, na imaxe corporativa da Xunta de Galicia, onde di: «Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza», debe dicir: «Presidencia-Secretaría Xeral de Comunicación».

Nesa mesma páxina, onde se sinala o procedemento, onde di: «Subvencións aos concellos para realización de estudos técnicos, no marco do servizo de televisión dixital terrestre», debe dicir: «Subvencións aos concellos para dotación de equipamentos para o establecemento de infraestruturas de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única, no marco do servizo de televisión dixital terrestre».