DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 25 de setembro de 2006 Páx. 14.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 11 de setembro de 2006 pola que se modifica a do 16 de maio pola que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a financiar iniciativas dos concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes, no ámbito da sociedade da información, en réxime de concorrencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para 2006.

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 16 de maio de 2006 pola que se establecen

as bases para a concesión de axudas destinadas a financiar iniciativas dos concellos de entre 6.000 e 35.000 habitantes, no ámbito da sociedade da información, en réxime de concorrencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para 2006 (DOG nº 102, do 30 de maio).

No artigo 17 da citada orde establécese que o prazo para a xustificación do investimento por parte do beneficiario será ata o 10 de novembro de 2006.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de revisión administrativa dos respectivos expedientes, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Ampliar o prazo para a xustificación dos investimentos subvencionables ao abeiro da Orde do 16 de maio de 2006 da Consellería de Innovación e Industria, ata o 20 de novembro de 2006.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria