DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 25 de setembro de 2006 Páx. 14.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 11 de setembro de 2006 pola que se modifica a do 20 de marzo pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 20 de marzo de 2006 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 60, do 27 de marzo).

No artigo 16 da citada orde establécese que toda modificación con respecto ao proxecto concedido deberá ser solicitada polo beneficiario especificando as circunstancias que o motivan, antes do 15 de setembro, inclusive, da anualidade correspondente.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de revisión administrativa dos respectivos expedientes, considérase necesario ampliar o prazo de presentación das solicitudes de modificacións dos proxectos.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes de modificación dos proxectos ao abeiro da Orde do 20 de marzo de 2006 da Consellería de Innovación e Industria, ata o 30 de setembro de 2006.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria