DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 22 de setembro de 2006 Páx. 14.418

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 154/2006, do 7 de setembro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 325/2003, do 18 de xullo, polo que se autorizan e regulan os centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia, número 180, do luns, día 18 de setembro de 2006, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 14.122, no anexo, no curso académico 2006-2007, na segunda táboa, onde di: «Por transformación do», debe dicir: «Por desdobramento do».