DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 15 de setembro de 2006 Páx. 14.070

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 4 de setembro de 2006 pola que se dispón o cesamento de Ana María Rúa Souto como presidenta da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

En uso das atribucións que me confire o artigo 3.1º do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo, en relación co disposto no artigo 3.1º p) do Decreto 192/2005, do 21 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do dito instituto,

DISPOÑO:

O cesamento de Ana María Rúa Souto como presidenta da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria