DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 14 de setembro de 2006 Páx. 14.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2006 pola que se anuncia o concurso de ideas, no nivel de anteproxecto, para a ordenación, urbanización e posterior construción dun grupo de VPP no barrio de Covadonga (Ourense). (Expediente IGVS008-06).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Técnica de Construcións.

c) Número de expediente: IGVS008-06.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concurso de ideas no nivel de anteproxecto para a ordenación, urbanización e posterior construción dun grupo de VPP no barrio de Covadonga (Ourense).

3. Premios.

a) Primeiro premio: 30.000 A.

b) Segundo premio: 10.000 A.

c) Ata 2 accésits de 5.000 A.

A consecución do primeiro premio facultará o gañador para optar á adxudicación, polo procedemento establecido no artigo 216.4º do TRLCAP, do contrato de consultoría e asistencia técnica consis-

tente na redacción das figuras de planeamento necesarias para o desenvolvemento de solo obxecto de actuación, proxecto de urbanización, proxecto básico e de execución de todo tipo de instalacións requiridos pola lexislación vixente.

4. Membros do xurado.

Presidenta: a conselleira de Vivenda e Solo.

Vogais:

O delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo.

1 arquitecto designado polo Concello de Ourense.

2 técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

1 técnico da delegación provincial.

Secretario: un/unha licenciado/a en dereito da Consellería de Vivenda e Solo.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Domicilio: polígono das Fontiñas. Área Central, s/n.

Localidad y código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 19 46.

Fax: 981 54 16 00.

b) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7104

c) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días para a inscrición e 45 días para a entrega dos proxectos a contar ambas desde o día seguinte ao da publicación desta resolución neste diario. De coincidir o dito día en sábado ou festivo o prazo de inscrición e de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o concursante deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita proposta mediante telegrama ou fax (980 54 16 00) no mesmo día.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de bases.

c) Lugar de presentación: rexistro da sede central do IGVS, Área Central, polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela, 15781.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de publicación dos anuncios serán aboados polo gañador do primeiro premio.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA