DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 14 de setembro de 2006 Páx. 14.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2006 pola que se anuncia o concurso de ideas, no nivel de anteproxecto, para a construción dunha área residencial no Campus de Elviña da Universidade da Coruña. (Expediente IGVS007-06).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia.

c) Número de expediente: IGVS007-06.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concurso de ideas no nivel de anteproxecto para a construción dunha área residencial no Campus de Elviña da Universidade da Coruña.

3. Premios.

a) Primeiro premio: 100.000 A.

b) Segundo premio: 40.000 A.

c) Terceiro premio: 20.000 A.

d) Ata 2 accésits de 10.000 A.

A consecución do primeiro premio facultará o gañador para optar á adxudicación, polo procedemento establecido no artigo 216.4º do TRLCAP, do contrato de consultoría e asistencia técnica consistente na redacción da documentación precisa para tramitar a modificación puntual do plan parcial, na redacción do proxecto de urbanización así como na redacción do proxecto básico e de execución das vivendas e, cando se executen as obras, da dirección facultativa destas.

4. Membros do xurado.

Presidenta: a conselleira de Vivenda e Solo.

Vogais:

Reitor da Universidade da Coruña.

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Director técnico de Solo do IGVS.

Vicerreitor de Infraestruturas da Universidade da Coruña.

1 arquitecto da Consellería de Vivenda e Solo.

1 arquitecto en representación do Concello da Coruña.

1 arquitecto en representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Secretario: un/unha licenciado/a en dereito da Consellería de Vivenda e Solo.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Domicilio: polígono das Fontiñas. Área Central, s/n.

Localidad y código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 19 46.

Fax: 981 54 16 00.

b) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7103

c) Data límite de obtención de documentación e información: 15-11-2006.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 16-11-2006.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de bases.

c) Lugar de presentación: rexistro da sede central do IGVS, Área Central, polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela, 15781.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de publicación dos anuncios serán aboados polo gañador do primeiro premio.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 29 de agosto de 2006.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo