DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 13 de setembro de 2006 Páx. 13.998

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2006 pola que se convoca o II Campionato autonómico de tiro policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a convocatoria do II Campionato autonómico de tiro policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes condicións:

1. Obxectivos.

-Favorecer a interrelación operativa entre os diversos colectivos de seguridade pública de Galicia, nunha área como é o tiro policial e de defensa.

-Estimular o manexo e capacidade individual de control da arma regulamentaria, tanto para unha mellor efectividade e seguridade propia como de cara ás implicacións que poidan producirse para os cidadáns.

2. Participación: categoría masculina e feminina.

Este II campionato presenta dúas modalidades de participación, masculina e feminina, de xeito que lles permita ás mulleres que pertenzan aos distintos corpos de seguridade contrarrestar a menor presenza porcentual feminina, que lles prexudicaría no caso dun campionato mixto.

Aínda así, as participantes femininas deberán completar os mesmos percorridos de tiro que os seus compañeiros.

Polo tanto, as condicións que se explicitan nos puntos 4, 5, 8, 9, 10, 11 e 12 entenderanse que resultan de común aplicación tanto para os homes como para as mulleres participantes, tendo en conta esa dobre vía de participación.

3. Duración:

Tres semanas, dúas clasificatorias e unha para as finais.

4. Participantes.

Membros das policías locais, Policía Autonómica, Garda Civil e Corpo Nacional de Policía. A participación será de carácter voluntario e individual, aínda no caso dos seleccionados directamente polas xefaturas dos distintos corpos, por non ser esta unha actividade formativa nin de carácter oficial.

5. Requisitos dos participantes:

a) Ser funcionarios de carreira das forzas e corpos de seguridade.

a) Atoparse en activo e en situación de alta laboral.

a) Dispoñer dun arma regulamentaria dentro de cada corpo, utilizada para o desenvolvemento habitual dos seus cometidos profesionais, e que se axuste ás bases deste campionato. Noutro caso competirase cunha arma facilitada polo Cexesga.

a) Compromiso persoal de axustarse ás bases do campionato e as normas do Cexesga.

6. Sede:

Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.

7. Lugar de celebración:

Galería de tiro do Cexesga.

8. Número de prazas:

Sen límite na primeira fase (selectiva para as policías locais), e limitada na segunda e nas finais, como se determina no punto seguinte.

9. Sistema de inscrición:

a) Os membros dos corpos de policía local deberán achegar debidamente cuberta a instancia que sairá no DOG a mediados do mes de setembro, e participarán na fase de selección propia.

a) Os membros da policía autonómica, CNP e garda civil serán inscritos segundo as relacións de participantes masculinos e femininos que sexan remitidas en cada caso pola xefatura de cada corpo, ata o máximo seguinte, aínda que non é necesario acadar este tope:

* Policía autonómica: a xefatura achegará unha dobre relación con 6 membros como máximo da UPA en cada unha delas, seleccionados para a participación neste campionato.

* CNP: a xefatura superior achegará unha dobre relación con 10 membros como máximo en cada unha delas, seleccionados no CNP.

* Garda civil: a xefatura da XVª zona, achegará unha dobre relación con 10 membros como máximo en cada unha delas, seleccionados na GC.

10. Calendario e datas:

Para optimizar o uso da galería de tiro do Cexesga, e poder compaxinalo co resto de actividades que nela se desenvolven a diario, o calendario previsto é o que aparece no cadro seguinte, sempre suxeito ás modificacións ou cambios que resulten obrigados.

11. Fases:

b) Primeira fase clasificatoria e eliminatoria.

Nesta fase participarán os membros dos corpos de Policía Local de Galicia que cumpran todos os requisitos de inscrición e admisión.

A orde de participación nesta fase virá dada polo resultado dun sorteo que determinará a letra do primeiro apelido dos inscritos nela, seguindo a orde alfabética a partir desta.

Nesta fase clasificaranse só os 12 mellores tiradores que acadasen as cualificacións máis altas nos seus exercicios, que consistirán nun percorrido de tiro por participante.

b) Segunda fase: eliminatoria e clasificatoria para a final.

Nesta fase participarán 38 tiradores como máximo: aos 12 clasificados na eliminatoria anterior engadiranse os seleccionados pola policía autonómica, garda civil e Corpo Nacional de Policía, segundo o número máximo que se permite a cada corpo, que figura na epígrafe de sistema de inscrición.

Igual que na fase anterior, a orde de participación nesta fase virá dada polo resultado dun sorteo que determinará a letra do primeiro apelido dos inscritos nela, seguindo a orde alfabética a partir desta.

Nesta fase clasificaranse só os 15 mellores tiradores, que acadasen as cualificacións máis altas nos seus exercicios, que consistirán en dous percorridos de tiro por participante, obténdose a media individualizada de cada cualificación ou cociente de puntuación de cada exercicio.

b) Fase final.

Os 15 tiradores clasificados para esta fase participarán pola orde que estableza un sorteo, igual que nos casos anteriores, e realizarán dous percorridos de tiro, obténdose a media da cualificación ou cociente de puntuación de cada un deles que determinará a clasificación final do campionato.

12. Trofeos:

a) Trofeos individuais: os cinco mellores tiradores clasificados na fase final terán dereito ao «II Trofeo de Tiro Policial Autonómico Galicia 2006», coa indicación en cada caso do posto obtido por cada un deles e da categoría.

b) Trofeos por equipos: outorgaranse 3 trofeos de equipo por corpo de pertenza, obténdose esta clasificación polo resultado da suma dos cocientes ou cualificacións individuais dos 3 primeiros clasificados de cada corpo, non tendo dereito a optar a este trofeo aquel corpo que non estivese representado por menos de 3 membros na fase final.

Estes trofeos por equipos entregaránselle ás xefaturas do corpo respectivo, que poden estar representadas polos seus titulares ou polos mesmos tiradores noutro caso. No caso da policía local, de chegar a acadar este trofeo os seus representantes, entre

garáselle ao concello ao que pertencese o primeiro clasificado de policía local.

13. Coordinación e dirección técnica do campionato:

A coordinación e dirección técnica deste II Campionato Autonómico de Tiro Policial estará a cargo do director técnico das actividades da galería de tiro do Cexesga e do plan anual para o adestramento regulamentario e de tiro policial, que posúe o nivel e a acreditación e experiencia técnica suficientes e contrastados.

Será polo tanto quen adopte as decisións finais no caso de reclamacións ou controversias.

14. Información:

Os interesados poderán obter a información relativa a esta actividade, así como dos cambios que resulten obrigados, chamando ao teléfono 986 59 02 42, ou ao propio director técnico do campionato.Tamén na páxina web do Cexesga:http://Cexesga.xunta.es.

Bases do campionato.

Estas bases rexerán para o presente campionato, e os participantes comprometen a súa participación coa suxeición a elas.

1. Tanto na primeira coma na segunda fase a proba consistirá nun percorrido de tiro policial, que se axustará ás normas seguintes:

a) Arma regulamentaria: pistola 9 mmP, de dotación e uso habitual no respectivo corpo, pero sen que se permitan alteracións ou modificacións en ningún dos elementos da arma.

b) No caso de que algún dos solicitantes non dispoña deste tipo de arma como de dotación regulamentaria no corpo de pertenza, utilizará unha propiedade do Cexesga.

a) As armas, fundas e cargadores serán sometidos a un control previo ao exercicio.

2. O percorrido será do xeito que segue (ver descrición no anexo I):

-Posición de saída desde a liña de brancos. O tirador desprazarase coa arma na funda ata a liña de 25 m.

-A arma na funda, alimentada con 10 cartuchos, pero sen cargar, e con outro cargador no portacargadores coa mesma cantidade de munición.

-Posición «de xeonllos con apoio»: nesta liña, co xeonllo correspondente a man forte en terra e con apoio, desenfundará a arma nese intre e efectuará 4 disparos á silueta nº 1.

-Posición «weaver»: desprazarase, sempre coa arma dirixida ao teito e o dedo fóra do disparador, á liña de 20 m, efectuando desde esta distancia e na posición weaver 4 disparos á silueta nº 2.

-Posición «tras parapeto»: desprazarase, do mesmo xeito anterior, ata a liña 15 m, parapetándose e efectuando 2 disparos polo lado esquerdo do parapeto

á silueta nº 3, sen que en ningún momento poida asomar outra parte do seu corpo, agás as mans e a cara, fóra do parapeto. Cambiará de cargador, sempre coa arma dirixida ao teito, e efectuará outros 2 disparos polo lado dereito á silueta nº 4.

-Posición «crouch baixo»: sairá do parapeto, sempre na mesma posición de desprazamento, e irá á liña de 12 m, onde, na posición de espera de 45º entre a vertical do corpo e a liña dos brazos empuñando a arma, agardará a apertura das siluetas, cun tempo de exposición de 3 segundos, efectuando neste tempo 1 disparo á silueta nº 6 e outro á nº 7, repitíndose este exercicio ou movemento despois de 7 segundos.

-Posición «instintivo a unha man»: desprazarase finalmente á liña de 7 m, onde repetirá o exercicio anterior ás siluetas 8 e 9, pero cunha soa man, e nas condicións propias do tiro instintivo.

-Rematado o exercicio, comprobada que arma está aberta, procederase a contar sobre as mesmas siluetas na súa presenza o valor dos impactos, tendo en conta que se aplicará a seguinte fórmula:

P

= cualificación obtida

T + (200-P)

* sendo P os puntos totais obtidos, e

* sendo T o tempo que o tirador tardou no percorrido total.

A cualificación final de cada tirador será o cociente obtido da fórmula anterior.

3. Todo fallo non imputable ao tirador e si á arma ou á munición, permitirá que este repita por unha soa vez o exercicio.

4. Os tiradores clasificados para a segunda fase e para a fase final efectuarán 2 percorridos, sendo a súa cualificación a media dos 2 cocientes obtidos en cada tirada.

5. Penalizacións.

* Os fallos nas medidas de seguridade descalifican automaticamente o participante.

* Fallos técnicos de procedemento nas posicións indicadas ou no número de disparos estipulado para cada silueta, serán penalizados con 10 segundos de incremento no tempo do exercicio por cada fallo.

* No caso de que nalgunha silueta apareza un número de disparos superior ao permitido, quedará fóra de valoración o impacto de máis puntuación, independentemente da penalización contida no punto anterior.

6. Control e arbitraxe dos exercicios.

O coordinador e director técnico do campionato nomeará dous colaboradores, como mínimo, para o control dos exercicios. As condicións que deben reunir os designados son:

-Pertencer a algún dos corpos de seguridade que participan nel.

-Ter titulación policial como instrutor de tiro policial, ou polo menos como monitor de tiro policial.

-Experiencia como árbitro ou colaborador en campionatos deste tipo ou semellantes.

As decisións adoptadas polos controladores, e referendadas polo director do campionato serán definitivas para o desenvolvemento dos exercicios e do campionato mesmo, sen que caiba recurso a superior instancia ou órgano.

15. Modificacións:

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do II Campionato autonómico de tiro policial para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 1 de setembro de 2006.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais e

Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA