A Orde do 30 de marzo de 2006, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, publicada no DOG nº 74, do 18 de abril de 2006, sinala no seu artigo 4 que as subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2006.05.32.212F.480.0 (proxecto 2003 00513) cun importe de 445.121,00 A destinadas ás subvencións reguladas por esta orde.
Recibida unha achega do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais co obxecto de propiciar a realización de programas en desenvolvemento do Plan Nacional do Voluntariado no ámbito autonómico, faise necesario modificar a orde de axudas no que respecta á contía económica.
De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 517/2005, do 6 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.
Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima da Orde do 30 de marzo de 2006 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e realización de actividades de voluntariado na contía de 117.779,56 A (cento dezasete mil setecentos setenta e nove euros con cincuenta e seis céntimos) con cargo á partida orzamentaria 2006.05.32.212F.480.0 (proxecto 2003 00513) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.
Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2006.
Anxo Manuel Quintana González
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar