DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 13 de setembro de 2006 Páx. 13.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 30 de agosto de 2006 pola que se modifica a do 31 de marzo pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado.

A Orde do 31 de marzo de 2006, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, publicada no DOG nº 72, do 12 de abril de 2006, sinala no seu artigo 4 que as subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2006.05.32.212F.460.0 (proxecto 2003 00512) cun importe de 398.174,00 A destinados ás subvencións reguladas por esta orde.

Recibida unha achega do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais co obxecto de propiciar a realización de programas en desenvolvemento do Plan Nacional do Voluntariado no ámbito autonómico, faise necesario modificar a orde de axudas no que respecta á contía económica.

De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 517/2005, do 6 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima da Orde do 31 de marzo de 2006 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado na contía de 81.853,04 A (oitenta e un mil oitocentos cincuenta e tres euros con catro céntimos) con cargo á partida orzamentaria 2006.05.32.212F.460.0 (proxecto 2003 00512) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar