DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 07 de setembro de 2006 Páx. 13.742

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

DECRETO 143/2006, do 27 de xullo, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo en Galicia.

A Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, define, clasifica e establece normas de carácter xeral dos campamentos de turismo nos seus artigos 41 ao 44, remitíndose ao establecido regulamentariamente, no referente aos requisitos de instalación, apertura e condicións mínimas exixidas a cada categoría.

Na actualidade os campamentos de turismo están regulamentados no Decreto 236/1985, do 24 de outubro. Nesta disposición sinálanse os requisitos urbanísticos, sanitarios e de protección ambiental, establécense as condicións de seguridade e vixilancia, as instalacións e servizos mínimos exixibles en cada categoría, e préstase unha especial atención á localización destes aloxamentos para garantir a seguridade dos seus usuarios.

Non obstante, a experiencia adquirida nestes anos revela a necesidade de adecuar a normativa á nova

realidade turística, actualizando tanto os requisitos de instalación, funcionamento e servizos dos campamentos como o seu réxime administrativo.

Entre as principais novidades que introduce esta disposición cabe destacar, en primeiro lugar, o incremento da superficie mínima exixida para a instalación do campamento de turismo, que pasa de 5.000 m a 8.000 m.

Así mesmo, establécese unha regulación pormenorizada dos requisitos e condicións mínimas que deben reunir as construcións fixas, distinguindo entre as construcións de carácter permanente desde o punto de vista construtivo e aquelas instalacións prefabricadas tipo cabana, bungalow ou mobile-home. Para estas construcións, en consonancia coa Lei 10/2004, do 2 de novembro, de modificación da Lei 9/1997, posibilítase a súa instalación ata un máximo do cincuenta por cento da oferta total de prazas do campamento.

Por outra banda, cabe salientar a nova regulamentación que o decreto dispón para a obtención da preceptiva autorización turística dos campamentos, simplificándose os trámites procedimentais nos seguintes termos:

Substitúese a obrigatoria consulta sobre as posibilidades legais do campamento por unha potestativa solicitude de informe previo indicativo. Así, o interesado que proxecte instalar un campamento de turismo, antes de iniciar calquera clase de obra ou actuación, pode solicitar un informe previo indicativo sobre o cumprimento dos requisitos sinalados nesta norma. Este informe determinará a viabilidade do proxecto para efectos da Administración turística.

Elimínase a autorización de instalación e o sistema de dobre autorización existente ata agora -provisional e definitiva- por unha única autorización definitiva.

Outras novidades introducidas por esta disposición son a ordenación do réxime de prezos, a regulamentación dos requisitos da póliza de responsabilidade civil que deberá contratarse para o exercicio da actividade e os procedementos de autorización turística para as construcións fixas, para modificacións ou reformas substanciais, para os cambios de titularidade e as baixas.

En definitiva, a presente norma pretende ser un instrumento útil e axeitado á nova realidade dos campamentos de turismo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, de acordo co ditame do Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do día vinte e sete de xullo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. Esta disposición regula a actividade de aloxamento na modalidade de campamentos de turismo, así como os dereitos e obrigas dos seus usuarios e usuarias. Os servizos destes establecementos poden ser utilizados por calquera persoa mediante o pagamento do prezo.

2. Enténdese por campamento de turismo, tamén denominado cámping, o espazo de terreo debidamente delimitado, dotado e acondicionado para a súa ocupación temporal por persoas que pretendan facer vida ao aire libre con fins vacacionais ou de ocio e que pasen a noite en tendas de campaña, albergues móbiles, remolques, caravanas ou outros elementos similares facilmente transportables, así como en construcións fixas destinadas ao aloxamento temporal, sempre que se trate de edificacións independentes ou pareadas de planta baixa e que sexan explotadas polo titular do establecemento. Estes asentamentos e construcións fixas non terán en ningún caso carácter de residencia habitual.

Artigo 2º.-Exclusións.

As disposicións desta norma non serán de aplicación aos albergues e campamentos xuvenís, centros e colonias de vacacións escolares, fixos ou itinerantes, que se rexerán pola súa normativa específica.

Artigo 3º.-Competencias da consellería competente en materia de turismo.

Dentro do ámbito territorial de Galicia e sen prexuízo doutras competencias, correspóndelle á consellería competente en materia de turismo:

a) Autorizar a apertura e peche dos citados establecementos.

b) Fixar e, se é o caso, modificar as categorías dos mesmos.

c) Vixiar o cumprimento das disposicións vixentes en materia de prezos.

d) Regular e inspeccionar as condicións de funcionamento dos cámpings para asegurar en todo momento o perfecto estado das súas instalacións, a correcta prestación dos servizos e o bo trato dispensado á clientela.

e) Arbitrar as medidas adecuadas para o fomento e proteccións destes establecementos.

f) Tramitar e resolver as reclamacións que poidan formularse en relación coas materias suxeitas a esta disposición.

g) Impoñer as sancións que procedan polo incumprimento das disposicións vixentes.

h) Adoptar as medidas de ordenación que considere convenientes para o desenvolvemento desta actividade, naqueles aspectos que, directa ou indirectamente, poidan incidir sobre o turismo.

Capítulo II

Prohibición da libre acampada e regulación

da acampada itinerante

Artigo 4º.-Prohibición da libre acampada.

1. Conforme a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, queda expresamente prohibida a libre acampada en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Para os efectos desta lei enténdese por acampada libre a realizada fóra dos campamentos de turismo.

2. Non obstante, poderanse realizar acampadas itinerantes, de acordo co que se estableza regulamentariamente, respectando os dereitos de propiedade e do uso do solo.

3. Enténdese por acampadas itinerantes as realizadas fóra dos campamentos de turismo, por grupos integrados por un máximo de tres tendas, caravanas ou calquera outro medio de campamento, separados doutros posibles grupos por unha distancia mínima de cincocentos metros e cunha permanencia máxima de dúas noites no mesmo lugar, aínda que para pasar a segunda noite será requisito imprescindible obter, se é o caso, a necesaria autorización municipal. En cada núcleo de campamento itinerante non se poderán aloxar máis de nove persoas.

Artigo 5º.-Regulación de acampada itinerante.

1. Ao campamento itinerante seralle de aplicación o disposto no artigo 9º.1 deste decreto. Ademais non se poderá situar:

a) A menos de tres quilómetros de distancia dun cámping autorizado.

b) Nos núcleos urbanos.

c) En lugares de uso público ou zonas habitualmente concorridas.

d) A menos de trescentos metros da liña que delimite os terreos de dominio público marítimo-terrestre.

e) A menos de cen metros das beiras dun río ou dunha estrada. Esta última limitación referente ás estradas non será de aplicación para as persoas discapacitadas.

2. Queda expresamente prohibida a realización de fogueiras e queimas polas acampadas itinerantes, agás autorización dos organismos competentes de acordo coa normativa ambiental e de protección contra os incendios forestais.

3. A Administración autonómica e as corporacións locais poderán establecer prohibicións de acampadas itinerantes por razóns de protección de espazos

de interese natural, paisaxístico ou cultural.Todo iso sen prexuízo da concesión de permisos especiais por motivos de investigación, estudo, exploración ou análogos. Estas prohibicións deberán estar debidamente sinalizadas nos espazos en que se apliquen.

Capítulo III

Clasificación e requisitos dos campamentos

de turismo

Sección primeira

Clasificación

Artigo 6º.-Clasificación.

Os campamentos de turismo clasifícanse, de acordo coas súas instalacións e servizos, nas catro categorías seguintes: luxo, primeira, segunda e terceira.

Artigo 7º.-Placa identificativa.

1. En todos os cámpings será obrigatoria a exhibición, ao pé da entrada principal, dunha placa identificativa, na que figurará o distintivo correspondente á clase de establecemento de aloxamento turístico e á súa categoría, segundo modelo previsto no anexo I desta norma.

2. O distintivo deberá ser exhibido tamén na entrada da recepción do cámping e terá que figurar, de forma destacada, con semellante grafismo e nas dimensións que resulten axeitadas en cada caso, nos xustificantes de pagamento e en calquera outro material impreso, incluída a propaganda que utilice a empresa.

Sección segunda

Requisitos comúns a todos os campamentos de

turismo

Artigo 8º.-Normativas sectoriais de aplicación.

1. Todos os campamentos de turismo deberán cumprir as prescricións contidas na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e publicidade dos produtos do tabaco, así como as normas ditadas polos órganos competentes en materia de sanidade, seguridade, ambiente, réxime do solo e ordenación urbana e calquera outras disposicións que lles afecten.

2. En particular, terase en conta o cumprimento da normativa vixente en materia de prevención e extinción de incendios, conservación da natureza e espazos naturais protexidos, abastecemento de augas, saneamento e depuración así como as referidas ás condicións exixidas ás piscinas públicas e á homologación dos aparellos dos parques infantís e instalacións deportivas.

Artigo 9º.-Limitacións para a instalación dos campamentos de turismo.

1. Non poderán instalarse cámpings, de conformidade coas limitacións establecidas na normativa sectorial aplicable, en:

a) Terreos situados en leitos secos ou torrentes de río e nos susceptibles de poder ser inundados,

así como naqueles que por calquera causa resulten perigosos ou insalubres.

b) Terreos situados sobre a zona de 200 metros medida terra adentro desde o límite interior da beiramar. En todo caso, os campamentos de turismo que se sitúen a menos de 500 metros da beiramar, deberán respectar as limitacións establecidas na lexislación de costas para os terreos contiguos co dominio público marítimo-terrestre.

c) Terreos situados a 50 metros do perímetro do nivel máximo dos encoros e ao da liña definitoria da ribeira dos lagos e lagoas.

d) Na zona delimitada polo perímetro de protección da captación de augas potables para o abastecemento de núcleos de poboación e a menos de 300 metros dos puntos de evacuación de augas residuais dun núcleo urbano ou industrial.

e) Nas proximidades de instalacións nas que se desenvolvan actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas, de acordo coa normativa reguladora da referida materia.

f) Terreos situados na zona de protección dunha estrada ou rede ferroviaria.

g) Terreos polos que discorran liñas eléctricas aéreas de alta e media tensión.

h) Terreos situados a menos de 200 metros de xacigos arqueolóxicos, monumentos ou conxuntos histórico-artísticos legalmente declarados como tales.

i) Nos núcleos urbanos, agás que se trate de campamentos de luxo ou primeira.

j) Naqueles terreos ou lugares que, por esixencias de interese militar, industrial, comercial, turístico ou de protección de espazos naturais ou doutros intereses ou servidumes públicas, estea expresamente prohibido por disposicións legais ou regulamentarias. No suposto de que as disposicións que regulen a protección de espazos naturais non establezan expresamente as referidas prohibicións, necesitarase a previa aprobación da consellería competente en materia de ambiente.

k) Demais terreos e lugares en que o prohiba a normativa sectorial que resulte de aplicación.

2. En todo caso, para a localización de novos campamentos de turismo haberá que aterse ao previsto na normativa e no planeamento urbanístico que sexa de aplicación.

Artigo 10º.-Superficie.

1. A superficie mínima de terreo destinada a un campamento de turismo será de oito mil metros cadrados nun único predio.

2. Os terreos que obteñan a autorización pertinente para seren destinados a campamentos de turismo, adquirirán, mentres conten coa dita autorización, a condición de predios indivisibles, condición que se deberá inscribir como nota á marxe no rexistro da propiedade correspondente.

Artigo 11º.-Zona de campamento.

A zona de campamento non poderá superar o setenta e cinco por cento da superficie total do cámping, da cal se detraerá, de ser o caso, a porcentaxe da superficie máxima autorizada para construcións fixas. A superficie destinada a vías interiores e instalacións de uso colectivo dos usuarios e usuarias desas instalacións así como para espazos libres e zonas deportivas non será inferior ao vinte e cinco por cento do total do campamento. En todo caso reservarase, desta porcentaxe, cando menos un quince por cento para espazos libres e zonas deportivas.

Artigo 12º.-Parcelas.

1. A superficie destinada a acampadas estará dividida en parcelas de terreo destinadas á instalación de tendas de campaña, caravanas e outros elementos similares, construcións fixas e ao estacionamento de vehículos. Cada parcela terá convenientemente sinalizadas -mediante fitos, marcas ou separacións vexetais, os seus límites e o número que lle corresponda. Cada parcela dispoñerá igualmente de acceso directo para vehículos.

2. En cada cámping e dentro do terreo dedicado á acampada, o centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo permitirá, logo de solicitude do interesado, deixar sen parcelar ata un vinte e cinco por cento do dito terreo, sen distinción de categoría.

3. Os establecementos poderán dispoñer de parcelas nas que se prevea o aparcamento de vehículos en lugar diferente ao da parcela destinada a tendas de campaña, albergues móbiles, remolques, caravanas ou outros elementos similares facilmente transportables; neste caso, segundo a categoría do cámping, poderanse descontar da superficie que lle corresponda á parcela quince metros cadrados, e o lugar destinado a aparcamento levará o número da parcela a que corresponda.

4. Con independencia da superficie mínima de parcela exixida para cada categoría, todos os campamentos poderán dispor de parcelas cunha superficie mínima de 25 m para a acampada dun máximo de dúas persoas, sen posibilidade de estacionar nelas vehículos automóbiles. O seu número non poderá exceder do 10% do total das parcelas do campamento de turismo.

Artigo 13º.-Prohibición da venda ou alugueiro de parcelas e instalacións fixas.

1. Queda prohibida a venda ou alugueiro de parcelas e instalacións fixas nos campamentos de turismo suxeitos a esta norma. O contrato de aloxamento non poderá superar un período continuado de máis de dous meses.

2. Prohíbese, así mesmo, a instalación en parcelas de elementos fixos, cerramentos, pavimentos, vertedoiros, electrodomésticos en xeral e calquera outros de natureza análoga distintos dos regulamentados neste decreto.

3. O incumprimento da obriga referida no parágrafo anterior será causa suficiente para a resolución do contrato de aloxamento sen dereito a indemnización ningunha. A dita causa de resolución figurará no regulamento de réxime interior do establecemento e poderase exercer logo de advertencia á clientela e negativa desta a retirar o instalado.

Artigo 14º.-Edificacións permitidas.

Nos campamentos de turismo unicamente poderán instalarse aquelas edificacións de planta baixa que teñan por obxecto satisfacer necesidades colectivas dos e das que acampan, os edificios ou módulos de planta baixa dedicados a cuartos de persoal de servizo e as construcións fixas destinadas a aloxamento temporal ás que se refire a sección terceira do capítulo III desta norma.

Artigo 15º.-Accesos.

A entrada do cámping estará debidamente pavimentada e terá un largo mínimo de cinco metros, ou de tres metros se só hai un sentido de circulación.

Artigo 16º.-Vías interiores.

1. Todos os cámpings dispoñerán de vías interiores suficientes en número e dun largo que permitan a circulación de equipos móbiles de extinción de incendios e un rápido traslado en caso de emerxencia.

2. En calquera caso, o largo non poderá ser inferior a cinco metros en vías con dous sentidos de marcha e a tres metros en vías de sentido único.

Artigo 17º.-Sistema de protección contra incendios.

Todos os cámpings deberán dispoñer das seguintes instalacións e cumprir coas medidas de prevención que se detallan a continuación:

1. Extintores de po antibrasa de seis quilogramos de capacidade, en número dun por cada vinte e catro parcelas ou fracción, situados en lugares visibles de fácil acceso.

2. Luces de emerxencia nos lugares previstos para a saída de persoas ou vehículos en caso de incendio, así como en todos os lugares de uso común.

3. Na recepción dos campamentos de turismo e de forma ben visible, colocarase un plano do terreo con indicación dos lugares nos que están os extintores e as saídas, acompañado do seguinte aviso escrito en galego, castelán, francés, inglés e alemán: situación dos extintores e saídas para caso de incendio.

4. Os campamentos de turismo situados en zonas forestais deberán cumprir as disposicións que diten os organismos competentes para a prevención de incendios forestais.

5. Se o regulamento de réxime interior do cámping autoriza a prender fogueiras, deberá delimitarse unha zona para elas, especificando distancias mínimas ás parcelas de campamento.

6. A apertura de todas as portas de utilización en caso de incendio deberá ser no sentido de saída ou ben en dobre sentido.

7. A almacenaxe de materiais líquidos, especialmente de botellas de gas, non se poderá efectuar sen as correspondentes instalacións de seguridade.

8. Os traballos que se deban realizar e poidan supoñer riscos de incendio, sobre todo o transporte de materiais inflamables e a soldadura, requirirán previa autorización expresa, por escrito, do director do establecemento, que tomará as medidas de precaución axeitadas a cada caso.

9. O persoal do campamento de turismo deberá coñecer o uso dos extintores e realizar, como mínimo unha vez cada ano ao comezo da temporada, exercicios prácticos de extinción de incendios.

Artigo 18º.-Auga potable.

1. Todos os campamentos de turismo, antes de iniciar a temporada turística, en todo caso unha vez ao ano, acreditarán mediante certificado expedido por un laboratorio público ou privado, que estea acreditado ou certificado, que a auga no punto de entrega ao consumidor ou consumidora é apta para o consumo, se a subministración se realiza por mananciais propios. Sen este requisito previo o cámping non poderá iniciar a temporada de funcionamento.

Se a subministración de auga se realiza pola rede municipal correspondente, o cámping quedará exento dese requisito.

2. Para garantir a normal subministración de auga potable, todos os cámpings dispoñerán dos correspondentes depósitos de reserva calculados para unha capacidade mínima de douscentos litros por parcela e día. Cando a subministración proveña de mananciais propios, os depósitos terán capacidade para un mínimo de tres días de uso. Cando a subministración proveña da rede municipal correspondente, os depósitos terán unha capacidade mínima para un día e medio de uso, é dicir, para trinta e seis horas.

Artigo 19º.-Tratamento e evacuación de augas residuais.

Se a evacuación de augas residuais non se produce directamente a través da rede municipal de sumidoiros, o establecemento dispoñerá de instalacións depuradoras propias, de tal xeito que as verteduras de augas residuais sexan inocuas e mesmo susceptibles de aproveitamento para a rega de xardíns ou zonas verdes. Non se autorizará en ningún caso a vertedura directa, sen depuración previa, de augas residuais ao mar, canles naturais, lagos ou lagoas interiores nin a terreos de calquera tipo.

Artigo 20º.-Tratamento e recollida do lixo.

1. Para a recollida do lixo os cámpings dispoñerán de recipientes con tapa dunha capacidade por unidade de sesenta litros como mínimo e en número de un por cada dez parcelas.

2. O lixo recollerase diariamente, tanto dos recipientes coma do interior do cámping, mediante un sistema que ofreza suficientes garantías de eficacia e hixiene.

Artigo 21º.-Instalación eléctrica.

1. A capacidade de subministración eléctrica determinarase despois do informe do organismo competente en función das parcelas con toma de corrente, das instalacións e dos servizos cos que conte o cámping, segundo o anteproxecto das obras. A capacidade de subministración eléctrica nas parcelas con toma de corrente non será inferior a seiscentos sesenta watts por parcela e día.

2. Deberá garantirse, cun mínimo de dous lux de intensidade, a iluminación dos accesos, vías, xardíns e zonas de uso común.

Nas rúas principais a intensidade será de catro lux.

Nas vías de evacuación e nas zonas de paso común dispoñerase de iluminación de emerxencia.

3. Durante a noite estarán permanentemente encendidos puntos de luz na entrada do cámping, nos servizos sanitarios e nos demais lugares estratéxicos que resulten necesarios para facilitar o tránsito polo interior.

Artigo 22º.-Cerramentos.

1. Os cámpings deberán estar cerrados en todo o seu perímetro. Para a elección dos materiais que se utilicen nos valados ou muros deberá terse en conta á súa disposición e cor, co fin de permitir a súa integración harmónica co contorno.

2. Nos cámpings situados en núcleos urbanos o cerramento será sempre de fábrica. Non se poderá utilizar como material o arame de espiño.

3. Nos cámpings situados en zonas boscosas ou monte baixo instalaranse bandas de protección contra o lume e franxas lonxitudinais cun largo mínimo de tres metros.

4. Nos cámpings situados en solo rústico os cerramentos serán preferentemente vexetais, sen que os realizados con material opaco de fábrica poidan superar a altura de 1,5 metros.

Artigo 23º.-Sinalización.

1. A sinalización que os cámpings instalen nas súas estradas e camiños será de tipo normalizado, de acordo coa normativa vixente na materia.

2. As vías interiores do cámping, ademais dos sinais indicativos dos diferentes servizos e instalacións, contarán cos sinais regulamentarios, de velocidade máxima 10 km/h, prohibición de sinais acústicos e prohibición de circulación de vehículos durante o período de descanso e silencio que se sinale nas normas de réxime interior.

Artigo 24º.-Servizos hixiénicos.

1. Todos os cámpings dispoñerán dos bloques de servizos hixiénicos necesarios para que ningunha parcela estea a máis de douscentos metros de dis

tancia dun deses bloques, que serán totalmente independentes os de homes e os de mulleres. Dentro de cada bloque de servizos, os retretes estarán separados das duchas e dos lavados.

2. As instalacións dos servizos hixiénicos deberán estar dotados dunha ventilación ampla e directa ao exterior; non se permitirán sistemas interiores de ventilación forzada.

3. O piso deberá ser todo de mosaico e as paredes terán azulexos ata unha altura mínima de dous metros.

Artigo 25º.-Drenaxe.

Todos os cámpings estarán dotados dun sistema de drenaxe que resulte suficiente para evitar inundacións do terreo.

Artigo 26º.-Capacidade de aloxamento.

A capacidade máxima de aloxamento de cada campamento de turismo estará determinada polo resultado de dividir entre vinte a súa superficie de acampada calculada en metros, computando tanto a zona parcelada coma as posibles zonas sen parcelar, á que se lle engadirá, de ser o caso, as prazas autorizadas en construcións fixas.

Artigo 27º.-Servizos de restauración.

1. Cando con independencia dos servizos propios do establecemento, se ofrezan ao público en xeral servizos de restauración integrados na mesma unidade de explotación, estes rexeranse polas normas específicas que lle sexan de aplicación a estes establecementos.

2. Para o caso de que fose preciso compartir determinados espazos comúns dos establecementos, non se prexudicarán os dereitos da clientela, adoptándose as medidas precisas para evitar molestias aos usuarios e usuarias do cámping.

Sección terceira

Construcións fixas

Artigo 28º.-Características das construcións fixas.

1. O centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo poderá autorizar nos campamentos de turismo construcións fixas.

2. Enténdese por construcións fixas as construcións de carácter permanente desde o punto de vista construtivo e aquelas instalacións prefabricadas tipo cabaña, bungalow, mobile-home, ou outros elementos trasportables e/ou desmontables, destinados a aloxamento temporal para a súa explotación polo titular do campamento, sempre que se trate de edificacións independentes ou pareadas de planta baixa cunha altura máxima de 4 metros. Prohíbense os aproveitamentos baixo cuberta.

3. Estes asentamentos e construcións fixas non terán en ningún caso carácter de residencia habitual.

Artigo 29º.-Superficie máxima das construcións fixas.

1. A superficie total da área na que se atopen situadas estas construcións non poderán superar o 50 por cento da superficie total de acampada e o número de prazas autorizadas en construcións fixas non poderá superar a dita porcentaxe sobre a capacidade máxima do aloxamento. Cando o campamento de turismo se instale en solo clasificado como rústico, deberán respectarse ademais as condicións que establece o artigo 42 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia ou norma que a substitúa.

2. A distribución destas porcentaxes será dun máximo do 5% para construcións fixas de carácter permanente e dun 45% para as instalacións prefabricadas, podendo acadar o 50% en instalacións prefabricadas no caso de que non se instalen construcións permanentes.

3. En calquera caso a porcentaxe máxima permitida para instalacións de elementos pareados será dun 5% do total destinado a construcións fixas.

Artigo 30º.-Ocupación máxima da parcela.

Os elementos fixos destinados a aloxamento non poderán ocupar máis do 75 por cento da superficie da parcela, debendo existir unha distancia mínima de 3 metros entre eles e de 5 metros ao perímetro do campamento. En todo caso, cada un deles non poderá superar os 40 m de superficie edificada e a súa capacidade non poderá ser superior a 6 prazas.

Artigo 31º.-Características construtivas.

As construcións fixas deberán adaptarse ao ambiente e características do contorno e os materiais empregados nas fachadas e cubertas deberán harmonizar coa paisaxe na que se sitúen. En todo caso procurarase que a totalidade destas construcións respondan a un mesmo deseño.

Artigo 32º.-Capacidade das construcións fixas.

1. A capacidade en prazas virá determinada polo número de camas existentes nos dormitorios e polo de camas convertibles instaladas noutras pezas.

2. O número de prazas nas camas convertibles non poderá exceder do 50% das correspondentes aos dormitorios.

3. Considerarase, para estes efectos, de dúas prazas as camas que teñan, como mínimo un largo de 1,35 metros.

Artigo 33º.-Composición.

As construcións fixas estarán compostas das seguintes pezas:

1. Dormitorios.

2. Cuarto de baño ou aseo.

3. Sala de estar-comedor.

4. Cociña.

Artigo 34º.-Características dos dormitorios.

1. Considéranse dormitorios aquelas pezas dedicadas exclusivamente a esta finalidade. Terán sempre ventilación e iluminación directa. Neles poderán instalarse tantas camas como permita a súa superficie, reservándose, en construcións de carácter permanente, 5 m para cada cama individual e 10 m para dúas prazas. Se se tratase de liteiras, a superficie por cama quedará reducida a 3 m por cada unha delas.

2. Nas instalacións prefabricadas a superficie mínima do dormitorio será de 3 metros cadrados para unha praza e 5,5 metros cadrados para dúas prazas. Se se tratase de liteiras, a capacidade por cama quedará reducida a 2 m por cada unha delas.

3. Poderán instalarse mobles-cama na sala de estar ou comedor, sempre que, respectando os módulos de superficie do parágrafo anterior, non se supere a porcentaxe establecida no artigo 32º.2.

4. En ningún caso se instalarán liteiras de tres pisos.

Artigo 35º.-Características do cuarto de baño ou aseo.

O cuarto de baño ou aseo terá ventilación directa ou forzada e estará dotado, polo menos, de ducha, lavabo e inodoro.

Artigo 36º.-Características da sala de estar-comedor.

1. Nas construcións fixas de carácter permanente a sala de estar-comedor terá ventilación e iluminación directa ao exterior por fiestra ou balcón e a súa superficie estará en relación coa capacidade en prazas fixada ao aloxamento, sen que en ningún caso poida ser inferior a 9 m.

2. Nas instalacións prefabricadas a superficie da sala de estar-comedor estará igualmente en relación coa capacidade en prazas fixada ao aloxamento, sen que en ningún caso poida ser inferior a 6 m.

3. Nos aloxamentos dunha ou dúas prazas poderá instalarse a sala de estar no dormitorio cando o permitan a amplitude deste e as características do seu mobiliario.

Artigo 37º.-Características da cociña.

1. Esta peza, que terá sempre iluminación e ventilación directa ou forzada, contará como mínimo con vertedoiro, cociña e armarios e a súa superficie non será inferior a 2 m.

2. Nas construcións de carácter permanente a cociña poderá encontrarse na sala de estar-comedor e excepcionalmente, respecto aos aloxamentos dunha ou dúas prazas, no dormitorio-cuarto de estar, sempre que a amplitude e adecuación destas pezas o permitan e a cociña estea debidamente acondicionada para evitar fumes e olores.

3. Nas instalacións prefabricadas nas que a cociña se instale na sala de estar ou comedor, esta terá ventilación directa ao exterior e a superficie estará en consonancia coas prazas autorizadas sen que en

ningún caso poida ser inferior a 8 m. Nos aloxamentos dunha ou dúas prazas, poderán instalarse nun mesmo espazo a cociña-sala de estar e o dormitorio. A súa superficie mínima non será inferior á que resulte de sumar as superficies establecidas anteriormente para cada unha desas pezas.

Artigo 38º.-Altura nas construcións fixas de carácter permanente.

Nas construcións fixas de carácter permanente a altura do chan ao teito non será inferior a 2,5 metros agás nos baños e cociñas onde poderá rebaixarse a 2,20 metros.

Artigo 39º.-Parcelas destinadas a construcións fixas.

1. A superficie mínima da parcela na que se situará cada construción fixa será a que con carácter xeral se determine para cada categoría.

2. As construcións fixas situaranse nun espazo diferenciado das parcelas destinadas a campamento en tendas de campaña, caravanas ou outros elementos similares.

Capítulo IV

Requisitos dos campamentos de turismo segundo a súa categoría

Sección primeira

Campamentos de turismo de luxo

Artigo 40º.-Parcelas.

A superficie mínima por parcela nos campamentos de luxo será de 80 m. En cada parcela só se poderá instalar, ademais dun vehículo, unha tenda de campaña, un albergue móbil, un remolque, unha caravana ou outro elemento similar facilmente transportable ou unha construción fixa.

Artigo 41º.-Instalacións.

Os campamentos de luxo deberán dispor das seguintes instalacións, que deberán ter materiais de primeira calidade:

1. Recepción, que será independente de calquera outro servizo e con espazo destinado ao público, proporcional á capacidade do campamento. A recepción deberá dispor de servizo telefónico.

2. Restaurante, que deberá ter unha carta axeitada de pratos, tanto típicos do país como da cociña internacional, carta de viños seleccionados e persoal cualificado de cociña e sala.

3. Sala de reunión.

4. Bar. Estará totalmente independente do restaurante, con barra e servizo de mesa, e atendido por persoal cualificado.

5. Supermercado.

6. Salón de xogos en local cuberto.

7. Perrucaría. De mulleres e homes.

8. Sala de curas e primeiros auxilios. Deberá contar cunha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

9. Servizos hixiénicos:

a) Lavabos de auga quente e fría: un por cada seis parcelas. Disporán de toma de corrente.

b) Duchas de auga quente e fría en cabinas individuais: unha por cada dez parcelas.

c) W.C.: un por cada catro parcelas.

d) Lavadoiros: un por cada vinte parcelas. O 25% deberá ter auga quente.

e) Vertedoiros: un por cada vinte parcelas. O 25% deberá ter auga quente.

10. Fontes de auga potable: fontes e billas de auga potable adecuadamente distribuídas polo cámping.

11. Enchufes: as parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

12. Árbores: para dar sombra, nunha superficie mínima do 50% da zona destinada a acampada; a metade desta superficie poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra, utilizando materiais de boa calidade e axeitados á paisaxe e características do cámping.

13. Parque infantil.

14. Piscina para adultos e piscina infantil.

15. Instalacións deportivas.

Artigo 42º.-Servizos.

Os campamentos de luxo deberán ofrecer os seguintes servizos:

1. Asistencia médica e de enfermaría no establecemento. A consulta deberá contar coa autorización sanitaria correspondente.

2. Servizo de lavandaría e pasada de ferro, explotado directamente pola empresa.

3. Servizo telefónico.

4. Servizo de lavado de coches, atendido por empregados do cámping.

5. Recollida e entrega de correspondencia.

6. Venda de prensa nacional e estranxeira.

7. Custodia de valores en caixa forte.

Artigo 43º.-Persoal.

Os campamentos de luxo deberán contar co seguinte persoal:

1. Director.

2. Persoal de limpeza.

3. Recepcionistas, en número suficiente durante o horario de 8.00 a 24.00 horas, e dotados de distintivos de identificación.

4. Gardas, durante o horario de 24.00 a 8.00 horas, en número de 1 por cada 300 parcelas ou fracción. Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Sección segunda

Campamentos de turismo de primeira categoría

Artigo 44º.-Parcelas.

A superficie mínima por parcela nos campamentos de primeira categoría será de 60 m. En cada parcela só se poderá instalar, ademais dun vehículo, unha tenda de campaña, un albergue móbil, un remolque, unha caravana ou outro elemento similar facilmente transportable ou unha construción fixa.

Artigo 45º.-Instalacións.

Os campamentos de primeira categoría deberán dispor das seguintes instalacións, que deberán ter materiais de primeira calidade:

1. Recepción, que será independente de calquera outro servizo e con espazo destinado ao publico, proporcional á capacidade do campamento. A recepción deberá dispor de servizo telefónico.

2. Restaurante ou cafetaría, podendo funcionar con autoservizo.

3. Bar.

4. Supermercado.

5. Salón de xogos en local cuberto.

6. Sala de curas e primeiros auxilios. Deberá ter unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

7. Servizos hixiénicos:

a) Lavabos de auga quente e fría: un por cada dez parcelas. Disporán de toma de corrente.

b) Duchas de auga quente e fría en cabinas individuais: unha por cada doce parcelas.

c) W.C.: un por cada seis parcelas.

d) Lavadoiros: un por cada vinte parcelas. O 15% deberá ter auga quente.

e) Vertedoiros: un por cada vinte parcelas. O 15% deberá ter auga quente.

8. Fontes de auga potable: fontes e billas de auga potable adecuadamente distribuídas polo cámping.

9. Enchufes: un 50% das parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

10. Árbores: para dar sombra, nunha superficie mínima do 35% da zona destinada a acampada; a metade desta superficie poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra, utilizando materiais de boa calidade e axeitados á paisaxe e características do cámping.

11. Parque infantil.

12. Piscina para adultos e piscina infantil, sempre e cando o establecemento estea situado a máis de mil metros dunha praia, río ou lago.

13. Instalacións deportivas.

Artigo 46º.-Servizos.

Os campamentos de primeira categoría deberán ofrecer os seguintes servizos:

1. Xestión do servizo de asistencia médica e de enfermaría.

2. Servizo de lavandaría. O establecemento deberá dispor de lavadoras automáticas e secadoras nun mínimo de 2 máquinas de lavado e unha de secado.

3. Servizo telefónico.

4. Recollida e entrega de correspondencia.

5. Venda de prensa.

Artigo 47º.-Persoal.

Os campamentos de primeira categoría deberán contar co seguinte persoal:

1. Director.

2. Persoal de limpeza.

3. Recepcionistas, en número suficiente durante o horario de 8 a 23 horas, e dotados de distintivos de identificación.

4. Gardas, durante o horario de 23 a 8 horas, en número de 1 por cada 300 parcelas ou fracción. Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Sección terceira

Campamentos de segunda categoría

Artigo 48º.-Parcelas.

A superficie mínima por parcela nos campamentos de segunda categoría será de 55 m. En cada parcela só se poderá instalar, ademais dun vehículo, unha tenda de campaña, un albergue móbil, un remolque, unha caravana ou outro elemento similar facilmente transportable ou unha construción fixa.

Artigo 49º.-Instalacións.

Os campamentos de segunda categoría deberán dispor das seguintes instalacións, de forma e con materiais que non desentoen coa fisionomía da paisaxe:

1. Recepción, que será independente de calquera outro servizo. A recepción deberá dispor de servizo telefónico.

2. Restaurante ou cafetaría, podendo funcionar con autoservizo.

3. Bar.

4. Supermercado, sempre que non exista este servizo a menos de 500 metros do cámping.

5. Sala de curas e primeiros auxilios. Deberá ter unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

6. Servizos hixiénicos:

a) Lavabos de auga quente e fría: un por cada doce parcelas. Disporán de toma de corrente.

b) Duchas de auga quente e fría en cabinas individuais: unha por cada quince parcelas.

c) W.C.: un por cada oito parcelas.

d) Lavadoiros: un por cada vinte e cinco parcelas. O 10% deberá ter auga quente.

e) Vertedoiros: un por cada trinta parcelas. O 10% deberá ter auga quente.

7. Fontes de auga potable: fontes e billas de auga potable adecuadamente distribuídas polo cámping.

8. Enchufes: un 35% das parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

9. Árbores: para dar sombra, nunha superficie mínima do 25% da zona destinada a acampada; a metade desta superficie poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra, utilizando materiais de boa calidade e axeitados á paisaxe e características do cámping.

10. Parque infantil.

Artigo 50º.-Servizos.

Os campamentos de segunda categoría deberán ofrecer os seguintes servizos:

1. Xestión do servizo de asistencia médica e de enfermaría.

2. Servizo de lavandaría. O establecemento deberá dispor de lavadoras automáticas e secadoras nun mínimo de 2 máquinas de lavado e unha de secado.

3. Servizo telefónico.

4. Recollida e entrega de correspondencia.

Artigo 51º.-Persoal.

Os campamentos de segunda categoría deberán contar co seguinte persoal:

1. Director.

2. Persoal de limpeza.

3. Recepcionistas, en número suficiente durante o horario de 8.00 a 22.00 horas, e dotados de distintivos de identificación.

4. Gardas, durante o horario de 22.00 a 8.00 horas, en número suficiente para a debida vixilancia. Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Sección cuarta

Campamentos de terceira categoría

Artigo 52º.-Parcelas.

A superficie mínima por parcela nos campamentos de terceira categoría será de 50 m. En cada parcela só se poderá instalar, ademais dun vehículo, unha tenda de campaña, un albergue móbil, un remolque, unha caravana ou outro elemento similar facilmente transportable ou unha construción fixa.

Artigo 53º.-Instalacións.

Os campamentos de terceira categoría deberán dispor das seguintes instalacións, de forma e con materiais que non desentoen coa fisionomía da paisaxe:

1. Recepción, que será independente de calquera outro servizo. A recepción deberá dispor de servizo telefónico.

2. Bar.

3. Supermercado, sempre que non exista este servizo a menos de 500 metros do cámping.

4. Sala de curas e primeiros auxilios. Deberá ter unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

5. Servizos hixiénicos:

1. Lavabos de auga quente e fría: un por cada catorce parcelas. Disporán de toma de corrente.

2. Duchas de auga quente e fría en cabinas individuais: unha por cada quince parcelas.

3. W.C.: un por cada dez parcelas.

4. Lavadoiros: un por cada vinte e cinco parcelas. O 5% deberá ter auga quente.

5. Vertedoiros: un por cada trinta parcelas. O 5% deberá ter auga quente.

6. Fontes de auga potable: fontes e billas de auga potable adecuadamente distribuídas polo cámping.

7. Enchufes: un 25% das parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

8. Árbores: para dar sombra, nunha superficie mínima do 25% da zona destinada a acampada; a metade desta superficie poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra, utilizando materiais de boa calidade e axeitados á paisaxe e características do cámping.

Artigo 54º.-Servizos.

Os campamentos de terceira categoría deberán ofrecer os seguintes servizos:

1. Xestión do servizo de asistencia médica e de enfermaría.

2. Servizo de lavandaría. O establecemento deberá dispor de lavadoras automáticas e secadoras nun mínimo de 2 máquinas de lavado e unha de secado.

3. Servizo telefónico.

4. Recollida e entrega de correspondencia.

Artigo 55º.-Persoal.

Os campamentos de terceira categoría deberán contar co seguinte persoal:

1. Director.

2. Persoal de limpeza.

3. Recepcionistas, en número suficiente durante o horario de 8.00 a 22.00 horas, e dotados de distintivos de identificación.

4. Gardas, durante o horario de 22.00 a 8.00 horas, en número suficiente para a debida vixilancia. Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Sección quinta

Cadros adicionais

Artigo 56º.-Cadros adicionais.

Os requisitos e condicións sinalados neste capítulo recóllense de xeito adicional no anexo V deste decreto.

Capítulo V

Dereitos e deberes das persoas titulares dos

campamentos de turismo e dos seus usuarios e usuarias

Artigo 57º.-Póliza de responsabilidade civil.

1. O/A titular dun establecemento de campamento de turismo, antes de facer a petición da autorización de apertura, deberá ter contratada unha póliza de responsabilidade civil que garanta o normal desenvolvemento da súa actividade.

2. A cobertura por responsabilidade civil deberá cubrir os danos corporais, danos materiais e os prexuízos económicos que deriven do desenvolvemento da súa actividade e que cubra as seguintes contías mínimas anuais:

Campamentos de turismo con 60 ou menos de 60 prazas: 600.000 euros.

Campamentos de turismo con máis de 60 prazas e menos de 250 prazas: 800.000 euros.

Campamentos de turismo con 250 ou máis de 250 prazas: 1.000.000 de euros.

3. Esta cobertura de responsabilidade civil poderá incluír un límite por vítima non inferior a 150.000 euros.

4. No suposto de que a póliza inclúa franquía, o límite máximo desta non poderá superar a cantidade de 300 euros.

5. Os establecementos están obrigados a manter en permanente vixencia a dita póliza. Para estes efectos deberán presentar periodicamente o correspondente recibo de pagamento que acredite tal vixencia.

6. Para iniciar a tramitación do expediente de autorización de apertura dun cámping, abondará coa presentación en orixinal do documento ou documentos nos que as entidades aseguradoras asuman por escrito o compromiso de aceptar as coberturas do risco e de emitir a póliza de seguro nas condicións previstas neste artigo. Non obstante, para o outorgamento da autorización será imprescindible presentar o orixinal ou copia compulsada da póliza así como o correspondente recibo de pagamento da prima que acredite a súa vixencia.

7. Co fin de que a póliza de seguro cumpra a súa finalidade, a súa contía así como a de posibles franquías poderán ser modificadas mediante orde do/a conselleiro/a competente en materia de turismo.

8. A dita póliza poderá substituírse por outra de carácter colectivo subscrita por agrupacións de establecementos de campamentos de turismo, sempre

que sexan para os mesmos fins e cos mesmos requisitos mínimos. O límite mínimo de cobertura establecido no parágrafo segundo deste artigo enténdese referido a cada establecemento.

Artigo 58º.-Recepción.

1. A recepción do campamento de turismo constituirá o centro de reunión coa clientela para os efectos administrativos e de información. Estará situada nas proximidades da entrada ao establecemento.

2. Na recepción, e de maneira ben visible, expoñeranse os seguintes documentos:

a) Autorización de apertura, expedida polo centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo.

b) Período anual de funcionamento.

c) Plano do campamento, no que conste a situación e límites de cada unha das parcelas, así como a numeración correspondente, e situación dos diferentes servizos.

d) Lista oficial de prezos, debidamente selada pola Administración turística ou polas asociacións empresariais do sector turístico debidamente autorizadas.

e) Certificado expedido por un laboratorio público ou privado, que estea acreditado ou certificado, de que a auga no punto de entrega ao consumidor, é apta para o consumo ou ben aviso de que a auga do campamento procede da correspondente rede municipal.

f) Relación de horarios de funcionamento dos diferentes servizos, incluído, se é o caso, a asistencia médica e o horario de descanso e silencio.

O horario de descanso e silencio fixarase no Regulamento de réxime interior do campamento e terá unha duración mínima de sete horas, dentro do período comprendido entre as 23.00 horas e as 9.00 horas.

g) Aviso da existencia de follas oficiais de reclamación á disposición dos clientes.

h) Regulamento de réxime interior, debidamente visado polo correspondente centro directivo da consellería competente en materia de turismo, que non poderá contrariar o disposto nesta disposición.

3. Toda a documentación e datos citados estarán redactados, como mínimo, ademais de en galego, castelán e inglés, noutros dous idiomas, por elección do titular do establecemento.

4. Á disposición dos membros das forzas e corpos de seguridade con competencia na materia, e en todo momento, estará na recepción o rexistro de entradas e saídas de clientes.

5. As follas de reclamacións, así como unha copia deste decreto, estarán en todo momento á disposición dos clientes na recepción do campamento.

Artigo 59º.-Director.

1. Ao fronte dos campamentos de turismo terá que existir un director ou directora, cargo que poderá desempeñar o/a titular do establecemento ou persoa que este/a designe.

2. Os/as directores/as dos campamentos de turismo e os/as titulares destes establecementos serán considerados responsables para os efectos do preceptuado nesta ordenación e terán as seguintes obrigas:

a) Velar polo bo funcionamento do campamento, e moi especialmente do trato dispensado polo persoal á clientela, así como polo bo estado das instalacións e a correcta prestación de todos os servizos.

b) Comunicar á autoridade competente calquera alteración da orde pública, comisión de delitos, así como os posibles casos de enfermidades que supoñan risco para a saúde dos acampados.

Artigo 60º.-Prezos.

1. Os prezos de todos os servizos que teñan que estar selados, deberán estar expostos ao público en zona visible mediante carteis oficiais.

2. De acordo co establecido no artigo 26 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, os prezos poderán modificarse durante o período de funcionamento do campamento, sen máis obriga que a súa notificación e selaxe perante a Administración turística ou asociación empresarial do sector turístico debidamente autorizada.

3. Nos prezos dos servizos que presten os campamentos de turismo entenderanse incluídos os custos de persoal debendo especificar de forma ben visible se inclúen ou non o imposto sobre o valor engadido. Para o caso de que se opte por consignar o mencionado imposto de forma separada deberase especificar a porcentaxe correspondente aplicable. Neste suposto, tal especificación farase dun xeito destacado e claro en todas e cada unha das declaracións, listas, cartas e soportes publicitarios.

4. A toda a clientela entregaráselle unha nota co número da parcela que vai ocupar e o seu prezo, así como o número de persoas que o acompañan e o prezo por persoa.

5. A toda a clientela entregaráselle un xustificante ou factura dos prezos cobrados. Neste xustificante farán constar, de xeito moi claro, todos e cada un dos seguintes conceptos: días de estancia, número de persoas e calquera outro servizo prestado que requira pagamento. O mencionado xustificante levará impreso o nome, categoría e enderezo do establecemento. Cando a estancia se prolongue máis de sete días a empresa poderá facturar parcialmente polos servizos xa prestados ao cliente ou clienta.

6. O día de saída, esta efectuarase ao máis tardar ás 12.00 h agás acordo en contrario entre o/a hóspede e o/a titular do establecemento. O cliente ou clienta que non abandone á dita hora o aloxamento que ocupa, entenderase que prolonga a súa estancia un día máis. En todo caso, a continuación do desfrute por maior tempo do convido estará sempre condicionado ao mutuo acordo entre a dirección do establecemento e o/a cliente.

7. O prezo do aloxamento contarase por días ou xornadas, conforme o número de pernoitas, sen que en ningún caso poida exixir a empresa unha estancia

mínima superior a un día agás cando o aloxamento se produza en bungalows, mobile-home e similares, nos que a estancia mínima poderá fixarse en sete días.

Artigo 61º.-Servizos mínimos.

1. Considéranse servizos mínimos, incluídos no prezo por persoa, os seguintes:

a) Subministración de auga apta para o consumo.

b) Recollida de lixo.

c) Servizos hixiénicos.

d) Follas de reclamacións.

e) Utilización de zonas verdes.

f) Utilización de piscinas na categoría de luxo.

g) Utilización de lavadoiros e vertedoiros.

h) Utilización de duchas con auga quente.

i) Parque infantil.

j) A reserva previa.

2. A subministración de enerxía eléctrica será voluntaria por parte dos clientes ou clientas. No caso de aceptala, efectuarase conforme as tarifas sinaladas na lista de prezos selada pola Administración turística.

Artigo 62º.-Carácter público dos campamentos de turismo.

1. Os campamentos de turismo serán considerados como establecementos públicos.

2. Non obstante, o acceso aos cámpings poderá condicionarse ao cumprimento de regulamentos de réxime interno, circunstancia que deberá anunciarse visiblemente nos lugares de acceso ao establecemento.

Artigo 63º.-Menores de dezaseis anos.

A persoa titular ou a dirección do campamento poderá limitar o acceso ás persoas menores de dezaseis anos que non aparezan acompañados dunha persoa que se faga responsable delas, así como asegurarse de que eses ou esas menores contan coa pertinente autorización dos seus proxenitores ou gardadores.

Artigo 64º.-Acreditación da identidade.

Para aloxarse nun cámping a clientela deberá acreditar documentalmente a súa identidade conforme a normativa vixente na materia.

Artigo 65º.-Auxilio dos/das axentes da autoridade e información das instalacións ou servizos.

1. Ademais dos dereitos recoñecidos na lexislación turística vixente, os/as titulares dos campamentos de turismo poderán solicitar o auxilio dos/das axentes da autoridade para expulsar destes, baixo a responsabilidade do director ou directora do campamento, os usuarios ou usuarias que incumpran os regulamentos de réxime interior ou que pretendan acceder ou permanecer nestes cunha finalidade dife

rente á propia do uso pacífico do establecemento turístico.

2. Así mesmo, os/as directores/as dos campamentos de turismo deberán informar os/as clientes das instalacións ou servizos que supoñan algún risco e das medidas de seguridade adoptadas ao respecto. Tamén deberán comprobar periodicamente o bo funcionamento das medidas de seguridade e efectuar as obras de conservación e mellora necesarias para o mantemento das instalacións cos requisitos que, segundo a categoría que desempeñen, se lles exixa para a súa apertura e funcionamento.

Artigo 66º.-Obrigas.

A clientela dos campamentos de turismo terá as seguintes obrigas:

a) Cumprir o Regulamento de réxime interno e facer bo uso das instalacións e servizos.

b) Observar as normas propias dunha boa convivencia social.

c) Darlle a coñecer á dirección do establecemento os casos de enfermidade contaxiosa ou accidentes que ocorran no interior do campamento en canto estes poidan ser tamén de interese para a adopción das medidas pertinentes.

d) Satisfacer o prezo dos servizos facturados xa prestados no tempo e lugar convidos. A falta de convenio, entenderase que o pagamento deben efectualo no mesmo establecemento e no momento que lles fose presentada a cobramento a factura dos servizos prestados.

Artigo 67º.-Dereitos.

A clientela do campamento de turismo terá os seguintes dereitos:

a) Facer uso das instalacións e servizos, conforme as previsións do Regulamento de réxime interior.

b) Coñecer os prezos dos diferentes servizos antes da súa contratación.

c) Recibir xustificante ou factura dos pagamentos efectuados. A elección do documento acreditativo do pagamento dos servizos efectuados corresponde ao/á cliente.

d) Efectuar as reclamacións e queixas que coiden oportunas.

Capítulo VI

Procedemento para a emisión do informe

previo indicativo

Artigo 68º.-Informe previo indicativo.

Quen proxecte instalar un cámping, antes de iniciar calquera clase de obra ou actuación que implique unha acción directa sobre o terreo onde debe situarse este, poderá solicitar á correspondente delegación provincial da consellería competente en materia de turismo informe previo indicativo sobre o cumprimento dos requisitos sinalados nesta norma segundo modelo recollido no anexo II desta norma.

Artigo 69º.-Documentación para a solicitude de informe previo indicativo.

Coa solicitude referida no artigo anterior acompañarase a seguinte documentación:

a) Plano do cámping a escala 1:500 no que figure a situación das diferentes instalacións, edificacións, vías e superficies -debidamente delimitadas-reservadas para zonas de campamento (marcadas as correspondentes parcelas) e espazos verdes.

b) Plano de situación do cámping a escala 1:2.000 sinalando as vías de comunicación, tipos de edificacións nos arredores, distancia aos núcleos habitados máis próximos e accidentes topográficos máis importantes.

c) Plano de planta dos diferentes edificios a escala 1:100.

d) Memoria asinada por facultativo competente e visada polo colexio profesional na que se fagan constar os requisitos técnicos dos que dispón o establecemento, a idoneidade de localización, instalacións e servizos do establecemento, cumprimento da normativa vixente en materia de accesibilidade, incendios, inundabilidade, e ordenación urbanística, así como calquera outra que resulte de aplicación.

e) Informe municipal sobre a viabilidade urbanística do proxecto.

f) No caso de pretender situar o campamento en solo rústico, autorización previa do órgano autonómico competente en materia urbanística.

g) Para o caso de pretender situar o campamento en zona de policía de leitos públicos, autorización previa do organismo de conca competente.

Artigo 70º.-Emisión do informe previo indicativo.

1. Á vista da documentación á que se refire o artigo anterior, a delegación provincial da consellería competente en materia de turismo emitirá o correspondente informe e elevarao xunto co expediente ao centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo que emitirá o informe previo indicativo no prazo máximo de seis meses contados a partir da entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

2. Transcorrido ese prazo sen que se teña expedido o dito informe, entenderase favorable, producíndose os efectos xurídicos que establece respecto aos actos presuntos o artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O dito informe determinará a viabilidade do proxecto para efectos da Administración turística e será vinculante para esta, sempre que as actuacións executadas se correspondan co proxecto informado. En ningún caso este informe será suficiente para a apertura do campamento, debendo contar con autorización de apertura e clasificación turística segundo o disposto no artigo 72º deste decreto.

Artigo 71º.-Eficacia do informe indicativo previo.

O informe previo indicativo será susceptible de recurso administrativo e, de ser o caso, ulterior recurso xurisdicional.

Capítulo VII

Procedemento para a autorización de apertura e

clasificación turística

Artigo 72º.-Autorización de apertura e clasificación turística.

Para realizar a actividade propia dos campamentos de turismo en calquera das categorías previstas por esta norma, será requisito previo a obtención polo centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo da autorización de apertura e clasificación turística .

Artigo 73º.-Solicitude da autorización de apertura e clasificación turística.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Solicitude de autorización de apertura e clasificación turística segundo o modelo oficial que consta no anexo III deste decreto, debendo indicar o período de funcionamento do establecemento para o que se solicita a autorización.

b) Fotocopia compulsada do DNI ou CIF, segundo corresponda, do/da solicitante.

c) Se a titularidade do establecemento correspondese a unha persoa xurídica, fotocopia compulsada da escritura de constitución da sociedade e poderes do/da solicitante para o caso de que non se deduza claramente da escritura social.

d) Título de propiedade do terreo ou calquera outro documento que acredite a súa dispoñibilidade para a súa utilización como campamento de turismo. No caso de que o establecemento dispoña de construcións fixas, título de propiedade ou documento acreditativo da súa dispoñibilidade por parte do titular do campamento. Se se tratase de terreos municipais, certificación do concello no que se acorde a instalación do cámping e réxime de explotación.

e) Certificado expedido por un laboratorio público ou privado, que estea acreditado ou certificado, de que a auga no punto de entrega ao consumidor ou consumidora é apta para o consumo. Se o campamento utiliza exclusivamente a rede municipal de abastecemento, chegará con facer constar tal circunstancia.

f) Normas de réxime interior que rexerán no establecemento formuladas e asinadas polo seu titular.

g) Documento que acredite a subscrición dunha póliza de responsabilidade civil segundo o disposto no artigo 57º deste decreto.

h) No caso de que se tivesen efectuado modificacións sobre o proxecto achegado durante a tramitación do preceptivo informe indicativo, novo proxecto técnico.

i) Certificado de final de obra visado polo colexio profesional correspondente.

j) Licenza de actividade clasificada ou de apertura e da licenza urbanística do campamento.

k) Relación de parcelas numeradas con indicación das súas características e superficies respectivas.

l) Nomeamento de director ou directora.

m) Solicitude de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

n) Documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes.

Artigo 74º.-Resolución.

1. A delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de turismo, iniciará o oportuno procedemento de apertura e clasificación que, unha vez completo, o elevará, xunto co seu informe, ao centro directivo correspondente da citada consellería que expedirá, se procede, a autorización de apertura e clasificación turística no prazo máximo de seis meses, contados a partir da entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

2. Transcorrido ese prazo sen que se teña expedida a autorización de apertura e clasificación, entenderase estimada, producíndose os efectos xurídicos que establece respecto aos actos presuntos o artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se teña ingresada a taxa correspondente.

3. A autorización de apertura e clasificación turística non exime da necesidade da obtención do resto das preceptivas autorizacións doutros organismos, polo que non resulta suficiente para iniciar o seu funcionamento.

Artigo 75º.-Inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

Os cámpings autorizados serán inscritos de oficio no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia co número que lles corresponda de acordo coa orde cronolóxica de autorizacións.

Artigo 76º.-Dispensa.

A administración turística, logo de solicitude polo interesado, poderá valorar a posibilidade de dispensar aos establecementos regulamentados nesta norma e que conten con construcións de carácter permanente, respecto do cumprimento dos requisitos relativos á superficie mínima de dez metros cadrados para as camas de dúas prazas -artigo 34º.1, á superficie mínima de nove metros cadrados para a sala de estar-comedor -artigo 36º.1, e á altura do chan ao teito-artigo 38º. A resolución de dispensa deberá conter unha motivación expresa e singular.

Capítulo VIII

Procedemento para a autorización de

construcións fixas

Artigo 77º.-Solicitude de autorización para as construcións fixas.

Cando proceda tramitar con posterioridade á autorización turística de apertura do campamento de turismo a autorización das construcións fixas ás que se refire a sección terceira do capítulo III desta norma, os interesados e interesadas deberán achegar xunto coa solicitude segundo modelo previsto no anexo IV deste decreto, a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou CIF, segundo corresponda, do/da solicitante.

b) Título de propiedade ou documento acreditativo da dispoñibilidade das construcións fixas por parte do titular do campamento.

c) Plano de planta das diferentes construcións ou instalacións no que se consignará o destino e a superficie das súas dependencias.

d) Licenza de actividade clasificada ou de apertura e da licenza urbanística para as obras de construción de carácter permanente de nova planta. Para a instalación de bungalows, casas prefabricadas e instalacións similares non se requirirá a dita licenza. Neste último caso exixirase certificado de técnico competente, visado polo colexio profesional correspondente, acreditativo do cumprimento da normativa vixente en materia de prevención e protección contra incendios e certificado do órgano competente en materia de sanidade sobre as condicións hixiénico-sanitarias da instalación.

e) Póliza de responsabilidade civil (só no suposto de que do texto da póliza vixente se derive que non estende a súa cobertura ás novas instalacións).

f) Documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes.

Artigo 78º.-Resolución.

1. A delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de turismo, iniciará o oportuno procedemento de autorización que, unha vez completo, o elevará, xunto co seu informe, ao centro directivo correspondente da citada consellería que expedirá, se procede, a autorización turística no prazo máximo de seis meses, contados a partir da entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

2. Transcorrido ese prazo sen que se teña expedida a dita autorización, entenderase estimada, producíndose os efectos xurídicos que establece respecto aos actos presuntos o artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se teña ingresada a taxa correspondente.

3. A autorización turística non exime da necesidade da obtención do resto das preceptivas autorizacións doutros organismos, polo que non resulta suficiente para iniciar o seu funcionamento.

Capítulo IX

Procedemento para a autorización de

modificacións ou reformas substanciais

Artigo 79º.-Autorización para modificacións ou reformas substanciais.

As modificacións ou reformas substanciais das infraestruturas, instalacións, servizos, capacidade de aloxamento, ou condicións nas que fose outorgada a autorización de apertura, requirirán a previa autorización expedida polo centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo, polo que para tal efecto deberá presentarse solicitude dirixida á correspondente delegación provincial.

Artigo 80º.-Solicitude de autorización para modificacións ou reformas substanciais.

Á solicitude, formalizada segundo o modelo previsto no anexo IV desta norma, acompañarase, de ser o caso, ao proxecto de modificación ou reforma, así como a documentación que xustifique o cumprimento dos requisitos previstos para a modificación que se pretende efectuar.

Artigo 81º.-Resolución.

1. A delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de turismo, iniciará o oportuno expediente de autorización que, unha vez completo, o elevará, xunto co seu informe, ao centro directivo correspondente da citada consellería que expedirá, se procede, a autorización turística no prazo máximo de seis meses, contados a partir da entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

2. Transcorrido ese prazo sen que se teña expedida a dita autorización, entenderase estimada, producíndose os efectos xurídicos que establece respecto aos actos presuntos o artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se teña ingresada a taxa correspondente.

3. O dito centro directivo poderá revisar de oficio a categoría dun cámping e asignarlle outra inferior cando deixe de reunir as condicións exixidas para a categoría que posúe, logo de audiencia ao interesado.

Capítulo X

Notificación do cambio de director/a e

implantación de novos servizos

Artigo 82º.-Notificación do cambio de director ou directora e implantación de novos servizos.

1. O cambio de director ou directora ou a implantación de novos servizos que non afecten a clasificación, capacidade ou o resto dos requisitos conforme os cales se outorgou a autorización turística, tan só requirirá a súa notificación no prazo máximo de 15 días desde que esta teña lugar, á correspon

dente delegación provincial da consellería competente en materia de turismo, que a comunicará ao devandito centro directivo.

2. Idéntica comunicación se cumprirá cando se produza, por causa xustificada, o peche temporal do establecemento. Neste caso indicarase a probable data de reapertura.

Capítulo XI

Cambios de titularidade

Artigo 83º.-Autorización para cambios de titularidade.

A titularidade dos campamentos de turismo pode transmitirse por calquera dos medios válidos en dereito. O/a novo/a titular deberá solicitar do centro directivo correspondente da consellería competente en materia de turismo, a través das correspondentes delegacións provinciais, a autorización dos cambios de titularidade, achegando para iso fotocopia compulsada da documentación acreditativa da dita transmisión, póliza de responsabilidade civil a nome do novo titular segundo o disposto no artigo 57º desta norma, nomeamento de director ou directora e documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes.

Artigo 84º.-Resolución.

1. A delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de turismo, iniciará o oportuno expediente de autorización que, unha vez completo, o elevará, xunto co seu informe, ao centro directivo correspondente da citada consellería que expedirá, se procede, a autorización turística no prazo máximo de seis meses, contados a partir da entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

2. Transcorrido ese prazo sen que se teña expedida a dita autorización, entenderase estimada, producíndose para os efectos xurídicos que establece respecto os actos presuntos o artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se teña ingresada a taxa correspondente.

Capítulo XII

Cesamentos da actividade, reclasificacións e

baixas

Artigo 85º.-Cesamento da actividade.

1. Os/as titulares dos campamentos de turismo están obrigados a comunicarlle á delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de turismo o cesamento da súa actividade no prazo de 10 días, contados con anterioridade á data prevista para o cesamento para que lles sexa autorizada a baixa. As ditas comunicacións formalizaranse segundo modelo do anexo IV.

2. Establécese a baixa de oficio cando a administración turística teña constancia do cesamento

da actividade ao longo de dous meses continuados sen causa xustificada. Neste caso poderá incoarse o correspondente expediente sancionador por incumprimento do establecido no punto 1 deste artigo.

Artigo 86º.-Reclasificación e baixa.

1. A consellería con competencias en materia de turismo, logo de tramitación do oportuno expediente no que se dará audiencia ao interesado, poderá reclasificar de categoría aos establecementos que non cumpran os requisitos que foron tidos en conta no momento de concederlle a preceptiva autorización turística.

2. No suposto de que o establecemento non cumpra cos requisitos para a súa inclusión en ningunha das categorías previstas nesta norma iniciarase o correspondente procedemento de baixa de oficio.

Disposicións transitorias

Primeira.-Os expedientes autorizados e en curso na data de entrada en vigor deste decreto tramitaranse e resolveranse conforme as disposicións vixentes no momento da súa iniciación.

Segunda.-Os campamentos que, con anterioridade á entrada en vigor deste decreto, estivesen autorizados nalgunha das categorías vixentes na normativa anterior, manterana sen necesidade de adaptarse ao contido desta norma, sempre que non se modifiquen as condicións que deron orixe á autorización administrativa pertinente.

Non obstante, establécese un prazo dun ano desde a entrada en vigor deste decreto para que os campamentos que conten con autorización turística acrediten ante as correspondentes delegacións provinciais da consellería competente en materia de turismo a contratación do seguro de responsabilidade civil segundo as prescricións contidas no artigo 57º desta norma así como a designación de director ou directora do campamento.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 236/1985, do 24 de outubro, sobre ordenación dos campamentos públicos de turismo en Galicia e o Decreto 390/1987, do 15 de outubro, polo que se modifica o anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilítase o titular da consellería con competencias en materia de turismo para o desenvolvemento, por medio de orde, das disposicións contidas neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2006.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

Categoría de luxo1ª categoría2ª categoría3ª categoría

Superficie mínima por parcela80 m

En cada parcela só se poderá instalar un albergue móbil e un vehículo.

60 m

En cada parcela só se poderá instalar un albergue móbil e un vehículo.

55 m

En cada parcela só se poderá instalar un albergue móbil e un vehículo.

50 m

En cada parcela só se poderá instalar un albergue móbil e un vehículo.

MateriaisCon materiais de primeira calidade.Con materiais de primeira calidade.De forma e con materiais que non desentoen coa fisionomía da paisaxe.De forma e con materiais que non desentoen coa fisionomía da paisaxe.

RecepciónSi

Independente de calquera outro servizo e con espazo destinado ao público, proporcional á capacidade do campamento.

Disporá de servizo telefónico.

Si

Independente de calquera outro servizo e con espazo destinado ao público, proporcional á capacidade do campamento.

Disporá de servizo telefónico.

Si

Independente de calquera outro servizo.

Disporá de servizo telefónico.

Si

Independente de calquera outro servizo.

Disporá de servizo telefónico.

RestauranteSi

Cunha carta axeitada de pratos, tanto típicos do país como da cociña internacional, carta de viños seleccionados e persoal cualificado de cociña e sala.

SI

Ou cafetaría, podendo funcionar con autoservizo.

Si

Ou cafetaría, podendo funcionar con autoservizo.

Sala de reuniónSi

BarSi

Totalmente independente do restaurante, con barra e servizo de mesa, atendido por persoal cualificado.

SiSiSi

SupermercadoSiSiSi

Sempre que non exista este servizo a menos de 500 metros do cámping.

Si

Sempre que non exista este servizo a menos de 500 metros do cámping.

InstalaciónsSalón de xogos en local cubertoSiSi

PerrucaríaSi

De mulleres e de homes

Sala de curas e primeiros auxiliosSi

Deberá haber unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

Si

Deberá haber unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

Si

Deberá haber unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

Si

Deberá haber unha caixa de urxencias para primeiros auxilios.

Asistencia médicaSi

Consulta médica e de enfermaría no establecemento. A dita consulta deberá contar coa autorización sanitaria correspondente.

Si

Xestión do servizo de atención médica e de enfermaría.

Si

Xestión do servizo de atención médica e de enfermaría.

Si

Xestión do servizo de atención médica e de enfermaría.

Servizo de lavandaría e pasada de ferroSi

Explotado directamente pola empresa.

Lavadoras automáticas e secadoras

Cun mínimo de 2 máquinas de lavado e unha de secado

Lavadoras automáticas e secadoras

Cun mínimo de 2 máquinas de lavado e unha de secado

Lavadoras automáticas e secadoras

Cun mínimo de 2 máquinas de lavado e unha de secado

Lavabos de auga quente e fríaUn por cada seis parcelas.

Disporán de toma de corrente

Un por cada dez parcelas.

Disporán de toma de corrente

Un por cada doce parcelas.

Disporán de toma de corrente

Un por cada catorce parcelas.

Disporán de toma de corrente

Servizos

hixiénicos

Duchas de auga quente e fría en cabinas individuaisUnha por cada dez parcelas.Unha por cada doce parcelas.Unha por cada quince parcelas.Unha por cada quince parcelas.

W.C.Un por cada catro parcelas. Un por cada seis parcelas. Un por cada oito parcelas. Un por cada dez parcelas

Lavadoiros por parcela de acampadaUn por cada 20 parcelas

25% auga quente

Un por cada 20 parcelas

15% auga quente

Un por cada vinte e cinco parcelas.

10% auga quente

Un por cada vinte e cinco parcelas.

5% auga quente

Vertedoiros por parcela de acampadaUn por cada 20 parcelas

25% auga quente

Un por cada 20 parcelas

15% auga quente

Un por cada trinta parcelas.

10% auga quente

Un por cada trinta parcelas

5% auga quente

Outras

instalacións

Fontes de auga potableSi

Fontes ou billas de auga potable, adecuadamente distribuídas polo cámping.

Si

Fontes ou billas de auga potable, adecuadamente distribuídas polo cámping.

Si

Fontes ou billas de auga potable, adecuadamente distribuídas polo cámping.

Si

Fontes ou billas de auga potable, adecuadamente distribuídas polo cámping.

EnchufesSi

As parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

Si

Un 50% das parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

Si

Un 35% das parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

Si

Un 25% das parcelas deben contar con toma de enerxía eléctrica.

ÁrboresSi

Para dar sombra, nunha superficie mínima do 50 por cento da zona destinada a campamento; a metade desta superficie poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra, utilizando materiais de boa calidade e axeitados á paisaxe e características do cámping.

Si

Para dar sombra, nunha superficie mínima do 35 por cento da zona destinada a acampada, a metade da cal poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra axeitados á paisaxe e características do campamento.

Si

Para dar sombra, nunha superficie mínima do 25 por cento da zona destinada a acampada, a metade da cal poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra axeitados á paisaxe e características do campamento.

Si

Para dar sombra, nunha superficie mínima do 25 por cento da zona destinada a acampada, a metade da cal poderá ser equipada con sistemas artificiais de sombra axeitados á paisaxe e características do campamento.

Parque infantilSiSiSi

ServizosPiscinasSi

Piscina para adultos e piscina infantil.

Si

Piscina para adultos e piscina infantil, sempre e cando o establecemento estea situado a máis de mil metros dunha praia, río ou lago.

Instalacións deportivasSiSi

TelefónicoSiSiSiSi

Servizo de lavado de cochesSi

Atendido por empregados do cámping

Recollida e entrega de correspondenciaSiSiSiSi

Venda de prensaSi

Nacional e estranxeira

Si

Custodia de valores en caixa forteSi

Categoría de luxo1ª categoría2ª categoría3ª categoría

DirectorSiSiSiSi

Persoal de limpezaSiSiSiSi

PersoalRecepcionistasSi

En número suficiente durante o horario de 8.00 a 24.00 horas e dotados de distintivos de identificación.

Si

En número suficiente durante o horario de 8.00 a 23.00 horas e dotados de distintivos de identificación.

Si

En número suficiente durante o horario de 8.00 a 22.00 horas e dotados de distintivos de identificación.

Si

En número suficiente durante o horario de 8.00 a 22.00 horas e dotados de distintivos de identificación.

GardasSi

Durante o horario de 24.00 a 8.00 horas, en número de 1 por cada 300 parcelas ou fracción.

Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Si

Durante o horario de 23.00 a 8.00 horas, en número de 1 por cada 300 parcelas ou fracción.

Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Si

Durante o horario de 22.00 a 8.00 horas.

En número suficiente para a debida vixilancia.

Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.

Si

Durante o horario de 22.00 a 8.00 horas.

En número suficiente para a debida vixilancia.

Deberán levar en sitio visible un distintivo de identificación.