DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 07 de setembro de 2006 Páx. 13.742

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

DECRETO 142/2006, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural.

O Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural supuxo a actualización da normativa turística dos establecementos de turismo rural.

Tal e como se manifesta na exposición de motivos da dita norma, o crecemento progresivo do turismo rural na nosa comunidade autónoma consolidou a oferta de aloxamento no medio rural, creándose un novo escenario turístico moi diferente ao existente no ano 1995, cando se aprobou a anterior normativa reguladora dos establecementos de turismo rural.

Nesta liña, o Decreto 191/2004 introduciu numerosas e importantes novidades entre as que se atopa o requisito de que os establecementos de turismo rural deben exhibir na parte exterior da entrada principal unha placa identificativa.

Aínda que o anexo I do dito decreto recolle os modelos de placas distintivas, as características destas non se atopan totalmente definidas. Por iso, agora, mediante esta modificación, se concretan tanto o tipo de cerámica coma as cores que hai que utilizar.

Con esta puntualización vese tamén satisfeita a demanda realizada polo sector, que ultimamente viña instando a Administración a definir con maior exactitude as características das placas identificativas dos seus establecementos.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e sete de xullo de dous mil seis

DISPOÑO:

Artigo único.-O anexo I do Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural queda configurado da seguinte maneira:

ANEXO I

Modelos de placas distintivas ás que fai

referencia o artigo 12 deste decreto

Porcelana vitrificada a 1435º C (cono Seger 15) en atmosfera redutora

Letras brancas sobre fondo verde Pantone nº 3305 C

Logotipo Turismo Rural Galicia en marrón Pantone nº 139 U

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de xullo de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria