DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 05 de setembro de 2006 Páx. 13.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ORDE do 29 de agosto de 2006 pola que se modifica a do 1 de agosto pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, e se convocan para o ano 2006.

Pola Orde do 1 de agosto deste ano, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, establecéronse as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, ao mesmo tempo que se convocaron para este exercicio.

No anexo I da devandita disposición recóllese o baremo para o pagamento das axudas para paliar os danos ocasionados nos cultivos, anexo en que non aparecen algunhas das plantas de cultivo máis estendido en Galicia, polo que resulta necesaria a modificación do antedito anexo.

Así mesmo, para evitar que en diante se volva dar esta circunstancia, modifícase a disposición derradeira primeira, facultando expresamente o director xeral de Conservación da Natureza para que introduza novos cultivos dentro do baremo establecido no anexo I da antedita orde.

Xa que logo, con base no anteriormente exposto, e consonte o disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Modifícanse a disposición derradeira primeira e o anexo I da orde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que quedan redactados do seguinte xeito:

«Disposición derradeira primeira.

1. Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que, por resolución, introduza novas especies cultivadas no anexo I a esta orde.

2. Así mesmo, queda facultado o director xeral de Conservación da Natureza para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións precisas para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde».

ANEXO I

Baremo utilizado para o pagamento de axudas para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos

Tipo de cultivoImporte por m
Cod.Descrición

MIGMillo gran0,13 A/m

MIFMillo forraxeiro0,12 A/m

TRITrigo0,10 A/m

Tipo de cultivoImporte por m
Cod.Descrición

CENCenteo0,10 A/m

PRAPradaría0,10 A/m

PATPataca0,40 A/m

HO1Hortalizas 1 (cenoria, repolo, nabo e similares)0,60 A/m

HO2Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón, leituga, pemento, porro e similares)1,60 A/m

VIDUva 0,52 A/m

Disposición adicional

Entrada en vigor.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2006.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible