DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 05 de setembro de 2006 Páx. 13.602

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 27 de xullo de 2006 pola que se convocan as subvencións que se poderán outorgar no exercicio 2006 ao abeiro do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, que regula o programa de vivenda en aluguer.

O Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer, constitúe un novo marco normativo polo que se regulan as subvencións para o arrendamento e rehabilitación de vivendas desocupadas na nosa comunidade autónoma.

O seu artigo 3.2º dispón que estas subvencións se atenderán a través de convocatorias anuais polas que se cuantificarán as dispoñibilidades orzamentarias que se poidan consignar para cada exercicio.

A súa disposición derradeira primeira faculta a conselleira de Vivenda e Solo para ditar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Dispoñibilidade económica.

Para os efectos do disposto no artigo 3.2º do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, determínase:

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 e 2007 onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as subvencións ao arrendamento do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, é a 17.01.331A.480.1.

2. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, onde figuran os créditos con cargo aos cales serán atendidas as subvencións para a rehabilitación de vivendas e posterior arrendamento dentro do programa de vivenda en aluguer do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, é a 17.01.331A.780.1.

3. O importe máximo das subvencións ao arrendamento que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2006 será de 836.168,90 A e, dentro do exercicio orzamentario de 2007, será de 2.089.363,90 A.

4. O importe máximo das subvencións para a rehabilitación de vivendas e posterior arrendamento que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2006 será de 900.000 A.

5. O importe máximo destas subvencións poderá incrementarse en función das solicitudes e en función das dispoñibilidades orzamentarias con cargo ás mesmas aplicacións. De producirse incremento nas dotacións orzamentarias destinadas á concesión destas subvencións publicarase no Diario Oficial de Galicia o importe polo que resultarán finalmente dotadas as aplicacións que as financian.

Artigo 2º.-Solicitudes de subvención ao arrendamento.

1. Asinado o contrato de arrendamento no marco do programa regulado no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, o inquilino poderá solicitar a subvención ao aluguer regulada nel. O trámite poderao realizar

mediante o modelo de solicitude de subvención recollido como anexo desta orde.

2. As solicitudes de subvención para o arrendamento reguladas no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, poderán presentarse ata o 10 de decembro de 2006 no rexistro da Consellería de Vivenda e Solo ou no das súas delegacións provinciais.

3. Neste exercicio terán lugar procedementos de concesión de subvención cada mes natural, de tal xeito que, as solicitudes de subvención presentadas ata o día 10 de cada mes serán resoltas antes do último día do mesmo mes.

4. As solicitudes presentadas a partir do día 10 de cada mes serán resoltas no procedemento de concesión do mes próximo.

5. A concesión da subvención terá efectos desde o día de presentación da solicitude.

Artigo 3º.-Procedementos de concesión.

No exercicio 2006 realizaranse 6 procedementos de concesión de subvencións para o arrendamento. Por cada procedemento de concesión ditarase antes do último día do mes unha resolución que conterá o importe das subvencións que se concedan en cada mes non podendo superar os seguintes importes:

Meses

Importe

exercicio 2006

Meses

Importe

exercicio 2007

Xullo-decembro267.882,60 AXaneiro-xuño267.882,60 A

Agosto-decembro114.494,00 AXaneiro-xullo160.291,60 A

Setembro-decembro202.590,60 AXaneiro-agosto405.181,20 A

Outubro-decembro125.600,85 AXaneiro-setembro376.802,55 A

Novembro-decembro83.733,90 AXaneiro-outubro418.669,50 A

Decembro-decembro41.866,95 AXaneiro-novembro460.536,45 A

Total836.168,90 ATotal2.089.363,90 A

Artigo 4º.-Solicitudes de subvención para a rehabilitación.

As solicitudes de subvención para a rehabilitación reguladas no Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, poderán presentarse ata o 15 de decembro de 2006 no rexistro da Consellería de Vivenda e Solo ou no das súas delegacións provinciais.

Artigo 5º.-Documentación.

A solicitude de novas subvencións ao arrendamento, unha vez esgotados os doce meses da que tiñan concedida, exixirá a presentación de toda a documentación requirida nos artigos 5 e 15 da orde de desenvolvemento do Decreto 48/2006. Esta documentación presentarase dentro dos dez primeiros días dos trinta anteriores ao do vencemento da anterior subvención.

Disposición adicional

Única.-Incorporadas ao programa un número de vivendas con obras de rehabilitación que poidan comprometer o crédito que sustenta a concesión das subvencións para a rehabilitación, denegarase a incorporación ao programa de vivendas que precisen as ditas obras ata a seguinte convocatoria anual.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA