DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 01 de setembro de 2006 Páx. 13.517

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 31 de agosto de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 106/2006, do 30 de xuño, polo que se asumen os medios económicos e as funcións e servizos transferidos pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia mediante os reais decretos 552 e 553/2006, do 5 de maio, e se procede á distribución dos recursos humanos e materiais entre os departamentos da Xunta de Galicia afectados.

Polo Real decreto 552/2006, do 5 de maio, amplíanse os medios económicos adscritos aos servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 146/1993, do 29 de xaneiro de 1993 en materia de xestión da formación profesional ocupacional.

Polo Real decreto 553/2006, do 5 de maio, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña.

A través do Decreto 106/2006, do 30 de xuño, asumíronse os medios económicos e as funcións e servizos transferidos pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia mediante os reais decretos 552 e 553/2006, do 5 de maio.

Este decreto distribuíu as novas funcións asumidas, de conformidade co Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Traballo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Así mesmo, é necesario realizar unha distribución dos recursos humanos e materiais derivados dos traspasos acordados polo pleno da Comisión Mixta de Transferencias.

De conformidade coa disposición derradeira primeira do Decreto 106/2006, do 30 de xuño, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por iniciativa dos titulares dos departamentos, ditará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do decreto.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é proceder a unha distribución dos recursos humanos e materiais derivados da transferencia á comunidade autónoma operada a través do Real decreto 553/2006, do 5 de maio, e asumida polo Decreto 106/2006, do 30 de xuño, en materia educativa, de emprego e de formación profesional ocupacional encomendada ao Instituto Social da Mariña.

Artigo 2º.-Distribución de recursos humanos e materiais.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellería de Traballo e a Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria son os departamentos da Xunta de Galicia afectados pola distribución de recursos humanos e materiais derivados dos traspasos acordados polo pleno da Comisión Mixta de Transferencias.

A distribución dos citados recursos realizarase de conformidade co establecido nos anexos que se xuntan a esta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

ANEXO I

Distribución entre consellerías das dependencias que traspasa o Instituto Social da Mariña

I.1. Corresponderíanlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

* Colexio O Mosterión, en Sada, cunha superficie de 15.599,94 m.

* Colexio e residencia de Panxón cunha superficie de 8.987,9 m.

* EFPNP de Ribeira cunha superficie de 4.767,58 m (ver nota no pé de páxina).

Superficie Total: 29.355,42 m.

I.2. Corresponderíalle á Consellería de Traballo:

* Casa do Mar da Coruña, cunha superficie de 100 m.

* Casa do Mar de Corme, cunha superficie de 105 m.

* Casa do Mar de Camelle, cunha superficie de 54 m.

* Escola de formación de Camariñas: 185,56 m.

* Casa do Mar de Muxía, cunha superficie de 72 m.

* Casa do Mar de Sada, cunha superficie de 149,61 m.

* Casa do Mar de Rianxo, cunha superficie de 103,64 m.

* Casa do Mar de Boiro, cunha superficie de 119,16 m.

* Casa do Mar de Aguiño, cunha superficie de 110,81 m.

* Casa do Mar de Noia, cunha superficie de 65 m.

* Casa do Mar de Celeiro cunha superficie de 88,52 m.

* Casa do Mar de Burela, cunha superficie de: 132 m.

* EFPNP de Bueu cunha superficie de 819,89 m.

* Casa do Mar de Marín cunha superficie de 78,5 m.

* Dirección Provincial de Vilagarcía, cunha superficie de 40 m.

* Casa do Mar de Cambados, cunha superficie de 88,75 m.

* Casa do Mar do Grove, cunha superficie de 210,74 m.

Superficie total: 2.523,18 m.

I.3. Corresponderíalle á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar:

* Gardaría infantil de Celeiro cunha superficie de 1.300 m.

* Gardaría infantil en Marín: 666,57 m.

Superficie total: 1.966,57 m.

I.4. Porcentaxe de superficie atribuíble a cada consellería sobre a superficie total:

Consellería Superficie (m) Porcentaxe resultante

Educación29.355,4286,73

Traballo 2.523,18 7,46

Vicepresidencia 1.966,57 5,81

Total33.845,17100,00