DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 31 de agosto de 2006 Páx. 13.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de agosto de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabarín e se convocan para o ano 2006 (Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto).

Advertido un erro na devandita orde, publicada no DOG do 8 de agosto de 2006, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 12.572, no artigo 6º.1, segundo parágrafo, onde di: «Aquelas solicitudes formalizadas con data posterior ao 15 de outubro de 2005», debe dicir: «Aquelas solicitudes formalizadas con data posterior ao 15 de outubro de 2006».