DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 31 de agosto de 2006 Páx. 13.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 24 de agosto de 2006 pola que se amplía o prazo de xustificación do investimento realizado ao abeiro da Orde do 1 de marzo de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 1 de marzo de 2006 pola que se procede á convocatoria para o ano 2006 de axudas encamiñadas á mellora da infraestrutura nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 48, do 9 de marzo, e Diario Oficial de Galicia nº 59, do 24 de marzo de 2006).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axudas a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 30 de outubro de 2006.

Tendo en conta a tardía publicación da orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliar o prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ao abeiro da orde da Consellería de Innovación e Industria, do 1 de marzo de 2006 ata o 30 de novembro de 2006.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2006.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria