DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 30 de agosto de 2006 Páx. 13.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2006 pola que se autoriza a inclusión da escola de música municipal Vila do Corpus de Ponteareas (Pontevedra) no rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28 de abril), establece que poderán cursarse, en escolas específicas, estudos de música ou danza, que en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con validez académica ou profesional. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril, regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outro lado, o Decreto 585/2005, do 29 de decembro, Diario Oficial de Galicia do 9 de xaneiro de 2006, establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

O concello de Ponteareas (Pontevedra) solicita a inclusión da escola de música municipal Vila do Corpus de Ponteareas no rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra informa do cumprimento efectivo dos requisitos que establece a Orde do 11 de marzo de 1993.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a inclusión no rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música municipal Vila do Corpus de Ponteareas (Pontevedra), segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril.

Segundo.-Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril, e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de profesorado que imparta docencia na escola de música.

Cuarto.-O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados no anexo desta orde.

Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Localidade: Ponteareas.

Enderezo: rúa Castiñeira nº 1.

Código do centro: 36024707.

Titular: concello de Ponteareas.

Denominación: Escola de Música Municipal Vila do Corpus de Ponteareas.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA