DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 25 de agosto de 2006 Páx. 13.309

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2006 pola que se crea o Premio Galicia de Estatística.

O Instituto Galego de Estatística é un organismo autónomo de carácter administrativo con persona

lidade xurídica propia que ten entre os seus fins a investigación e divulgación no eido da estatística pública, dentro do marco estatutario da competencia estatística para os fins da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os investigadores constitúen uns dos colectivos de usuarios de información estatística máis destacable. Como mostra disto a Lei 9/1988, de estatística de Galicia, recolle que formarán parte do Consello Galego de Estatística tres persoas de relevancia profesional no eido da estatística que, aínda que en senso estrito non teñen que ser investigadores, na maioría dos casos sono.

As razóns desta importancia son que promoven o entendemento da información estatística, axudan ao seu proceso de produción con achegas científicas e tecnolóxicas, e serven como un dos mecanismos de realimentación do sistema estatístico público o que permite a mellora da súa calidade.

Coa finalidade de impulsar a investigación estatística e recompensar unha traxectoria destacable no eido da estatística pública,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Creación.

Crear o Premio Galicia de Estatística dirixido a persoas individuais, co obxectivo principal de estimular e difundir a actividade investigadora no eido da estatística pública como testemuño de recoñecemento á traxectoria máis destacada.

Artigo 2º.-Carácter do premio.

O premio terá unha dotación económica por determinar, concederase anualmente, sen previa solicitude do beneficiario e será único e indivisible, podendo deixarse sen efecto, de considerarse oportuno.

Artigo 3º.-Xurado.

Para os efectos da concesión do premio constituirase un xurado, formado polos membros que se determinen con posterioridade. O xurado valorará a traxectoria do beneficiario e a súa contribución á actividade investigadora no eido da estatística pública.

Artigo 4º.-Resolución.

O xurado elevará unha proposta de concesión do premio ao director do IGE quen resolverá concedelo ou, de ser o caso, declaralo deserto.

Artigo 5º.-Entrega de premios.

O premio entregarase, logo de resolución desta dirección concedéndose, no transcurso dun acto público, e anunciarase coa debida antelación a través do taboleiro de anuncios e da páxina web do IGE, entre outros medios.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O director do IGE poderá ditar as disposicións necesarias para a execución desta resolución.

Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2006.

José Colino Sueiras

Director do Instituto Galego de Estatística