DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 25 de agosto de 2006 Páx. 13.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xullo de 2006 pola que se autoriza o cambio de titularidade e de denominación do centro privado PC Carrier de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente que presenta o centro privado PC Carrier de Vigo, código 36024483, no cal solicita o cambio de titularidade e de denominación do devandito centro.

Resultando que, mediante escritura pública notarial, PC Carrier, S.L. lle cede a súa titularidade para todos os efectos a Deica IT Desenvolvemento e Formación, S.L. e que esta acepta a dita cesión.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos exixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ao solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o cambio de titularidade do centro privado PC Carrier de Vigo a favor de Deica IT Desenvolvemento e Formación, S.L., con todos os dereitos e obrigas contraídas pola cesionista PC Carrier, S.L., sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo.-Autorizar o cambio de denominación do centro privado PC Carrier do concello de Vigo, que pasa a denominarse centro privado Deica IT Desenvolvemento e Formación.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes

a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria