DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 25 de agosto de 2006 Páx. 13.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 2006 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Dafonte de Ferrol (A Coruña).

Examinado o expediente presentado por Carmen Sanjuán Maristany, titular do centro privado Dafonte de Ferrol, no cal solicita o cesamento de actividades do devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por Orde do 22 de xuño de 1998 (DOG do 16 de xullo), autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de animación de actividades fïsicas e deportivas e o de animación sociocultural.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar o cesamento de actividades do centro privado Dafonte de Ferrol, código 15006614, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, quedando revogada a autorización concedida por Orde do 22 de xuño de 1998 (DOG do 16 de xullo) ao devandito centro.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: Mandiá-Taboada.

Código do centro: 15006614.

Denominación: centro privado Dafonte.

Titular: Carmen Sanjuán Maristany.

Autorización do cesamento de actividades do centro.