DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 24 de agosto de 2006 Páx. 13.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de agosto de 2006 pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes e coa eliminación da violencia de xénero.

Advertidos erros na mencionada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 158, do xoves día 17 de agosto de 2006, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 12.961, no punto primeiro do artigo 1 referido ao obxecto e finalidade da orde, onde di: «..., as entidades locais galegas que se especifican no artigo 3, ...» debe dicir: « ..., as entidades locais galegas que se especifican no artigo 2, ...».

Na páxina 12.963, no punto terceiro, letra c) do artigo 5 referido ás solicitudes, prazo de presentación e documentación, onde di: «artigo 3º.2 desta orde» debe dicir: «artigo 2º.2 desta orde».

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA