DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 18 de agosto de 2006 Páx. 13.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de agosto de 2006 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil Arela da Coruña.

Examinado o expediente presentado por Andaina, Sociedade Cooperativa Limitada, titular do centro privado de educación infantil Arela da Coruña, en que solicita o cesamento de actividades do devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Resultando que o devandito centro privado obtivo pola Orde do 25 de maio de 1983 (DOG do 17 de setembro) autorización para impartir o 2º ciclo de educación infantil.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil Arela, código 15023284, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde, quedando revogada a autorización concedida pola Orde do 25 de maio de 1983 (DOG do 17 de setembro) ao devandito centro.

Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: avda. Oleiros, s/n.

Codigo do centro: 15023284.

Denominación: centro privado escola infantil Arela.

Titular: Andaina, Sociedade Cooperativa Limitada.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER